Novas por contido

No DOG do 04/07/2022 publican:

- DECRETO 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Economía, Industria e Innovación.

- DECRETO 117/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes.

- DECRETO 118/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade.

- DECRETO 119/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

No DOG do 01/07/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e do corpo facultativo de grao superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, do persoal laboral fixo pertencente ao grupo I do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2022, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocados polas resolucións do 26 de abril de 2021 (DOG número 81, do 30 de abril) e do 25 de agosto de 2021 (DOG número 170, do 3 de setembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2022, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, do persoal laboral fixo pertencente ao grupo IV do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocados polas resolucións do 7 de febreiro de 2020 (DOG número 32, do 17 de febreiro), do 12 de maio de 2021 (DOG número 94, do 21 de maio) e do 25 de agosto de 2021 (DOG número 170, do 3 de setembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2022, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocados polas resolucións do 7 de febreiro de 2020 (DOG número 32, do 17 de febreiro) e 12 de maio de 2021 (DOG número 94, do 12 de maio), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican como anexo ás respectivas resolucións a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso de funcionarización para cada categoría e propoñen o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

No DOG do 30/06/2022 publican a RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2022, do tribunal cualificador do proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulado/a superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

No DOG do 30/06/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG número 21, do 31 de xaneiro) pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

No DOG do 30/06/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 225, do 26 de novembro) pola que se realiza a corrección de erros da Resolución de 8 de xuño de 2022 deste tribunal.

- CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de xuño de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

No DOG do 26/06/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado mediante a Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo pola quenda de acceso libre.

Terá lugar o día 15 de xullo de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2022, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 14 de xullo de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega da Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2022 (DOG número 115, do 18 de xuño) pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 15 de xullo de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas, na Facultade de Dereito en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 17 de xullo de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

No DOG do 29/06/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG número 21, do 31 de xaneiro) pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

No DOG do 29/06/2022 publican:

- ACORDO do 21 de xuño de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se fai pública a baremación provisional da fase do concurso.

- RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o grao medio, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 225, do 26 de novembro), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro) pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

No DOG do 29/06/2022 publica a RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2022 pola que se declara inhábil o mes de agosto para os efectos do cómputo de prazos de diversos procesos selectivos da Xunta de Galiza.

Declaran inhábil o mes de agosto para efectos do cómputo de prazos de todas as convocatorias dos procesos selectivos dos corpos, escalas e categorías que se están a desenvolver, convocadas pola Dirección Xeral da Función Pública.

No DOG do 29/06/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022 pola que se convoca o webinario A protección do denunciante: Plan de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galiza.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 3 de xullo de 2022.

Outras novas recentes

Venres, 24 Abril 2026

Escala técnica de orientación laboral: previsión de publicación da resolución de adxudicación de destinos

Na comisión de persoal do 24/04/2026, preguntamos en que estado se atopa o proceso de elección de destino da escala técnica de orientación, dado que o día 04/04/2026 se publicou no DOG a convocatoria de elección de destino. A directora xeral anunciou que unha vez revisado todo se publicará nas vindeiras semanas (2 ou 3 semanas como moito).
Mércores, 22 Abril 2026

Corpos xerais: elección de destino (MX 21/04/26)

Na Mesa Xeral do martes 21 de abril, demandamos á directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) as seguintes cuestións sobre a elección de destino definitivo dos corpos xerais (administración xeral sen escala). En primeiro lugar, como xa saben cales son as prazas vacantes tras a resolución do concurso de traslados, queremos a relación das que van...
Venres, 24 Abril 2026

Corpos xerais: teñen unha lea monumental coas eleccións de destino e non dan información

Na Comisión de Persoal de 24/04/2026 voltamos a esixir que nos convoquen xa á reunión á que se comprometeron. Na Mesa Xeral do 21/04/2026 comprometéronse a convocarnos a unha xuntanza de carácter técnico para solventar o problema dos actos de elección de destino. Nin nos enviaron datos, nin a listaxe de postos. Non podemos saber cantos postos quedaron vacantes da fase de...