Novas por contido

No DOG do 17/07/2025 publican a RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2025 pola que se convoca para a elección de destino definitivo unha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 39, auxiliar de autopsia, do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro).

No DOG do 17/07/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 48, do 11 de marzo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial e no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 48, do 11 de marzo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo auxiliar da Administración xeral e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 48, do 11 de marzo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Feita a corrección na sesión do 10 de xullo de 2025, publican as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ás probas tipo test dos procesos selectivos que se citan, no portal web da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal, ás cales se pode acceder a través do seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/promocionespecifica/convocatoria-exames

No DOG do 17/07/2025 publican a RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2025, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina (Diario Oficial de Galiza número 37, do 24 de febreiro), pola que se fan públicas as notas do segundo exercicio.

O Servizo de Persoal da Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa (Secretaría Xeral Técnica) da Consellaría do Medio Rural infórmanos da publicación inminente no DOG da seguinte convocatoria de probas físicas e visuais:

No DOG do 16/07/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2025, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 11 de setembro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.00 horas, nas aulas 6, 7 e 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

- RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría, convocado mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 11 de setembro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.00 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

No DOG do 15/07/2025 publican a RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2025 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de minas.

Amplían o prazo en 20 días hábiles.

No DOG do 15/07/2025 publican a RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 129, do 7 de xullo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo.

De conformidade coa base II.1.1.3, respecto ao terceiro exercicio, estarán exentas da súa realización as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galiza, posuír o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34,do 19 de febreiro). Non terá que presentar a documentación xustificativa de exención quen xa teña acreditada a posesión do Celga requirido e así conste na listaxe de persoas aspirantes publicada, xunto con esta resolución, pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 14/07/2025 a FUNDACIÓN DE EXPOSICIÓNS E CONGRESOS DE A ESTRADA publica o ANUNCIO da convocatoria pública para cubrir oito prazas de persoal laboral temporal con motivo da 37ª Feira do Moble de Galiza.

Na páxina www.feiradomoble.gal publicaranse as bases que rexerán o proceso selectivo.

No DOG do 14/07/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2025 pola que se modifica a Resolución do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de cociña.

- RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2025 pola que se modifica a Resolución do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores.

- RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2025 pola que se modifica a Resolución do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de cociña.

No DOG do 14/07/2025 publican a RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas do Servizo de Gardacostas de Galiza (SGG).

Adxudicar e facer públicas as adxudicacións dos postos de traballo ás persoas que se relacionan no anexo I. Esta información está ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe <concurso de traslados>.

Difiren os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata que se publique no Diario Oficial de Galiza a resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.

Outras novas recentes

Venres, 12 Xuño 2026

Crónica dun enchufe anunciado: como a Xunta adaptou a praza da dirección do CGAC á súa candidata

Na CIG denunciamos que o nomeamento da nova dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) constitúe a crónica dun enchufe anunciado e exemplifica un padrón cada vez máis habitual na Xunta do PP, cando pretende favorecer unha persoa determinada: primeiro modifica o posto, despois adapta os requisitos de acceso e, finalmente, nomea a persoa que encaixa exactamente...
Venres, 12 Xuño 2026

A CIG chama á mobilización por terra e por mar contra Altri e a mina de Touro-O Pino

Terá lugar o vindeiro día 14 de xuño, ás 12:00 h, na Illa de Arousa  VK_-RpfT6yk  Dende a CIG chamámosche á participación masiva na mobilización convocada polas plataformas Ulloa Viva, contra a mina de Touro e en Defensa da Ría de Arousa para o vindeiro día 14 de xuño.  A marcha de terra arrancará da praia do Vao, na Illa de Arousa,  ás 12:00 h, baixo o lema «Pola defensa...
Xoves, 11 Xuño 2026

Modificación da RPT de Medio Rural

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Rural vén de presentarnos unha modificación da RPT da Consellería de Medio Rural. As propostas que inclúe son: A creación de 15 postos de axentes UDEX (Unidade de Directores/as de extinción), dos cales un sería de axente coordinador/a autonómico e dous postos de axentes coordinadores/as. A inclusión de 6 postos de persoal...