- Detalles
No DOG do 28/01/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de navegación marítima.
- RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e instalacións mariñas.
- Detalles
No DOG do 28/01/2026 publican a RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 26 de xaneiro de 2026, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego de Estatística.
- Detalles
No DOG do 27/01/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2026 pola que se modifica a Resolución do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de cociña.
- RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2026 pola que se modifica a Resolución do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza subgrupo C2, escala auxiliar de cociña.
Elimínase un tema da parte específica do programa que rexerá a convocatoria de probas selectivas.
- Detalles
No DOG do 26/01/2026 publican a RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2026 pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza.
Conforme o seu resultado, a orde de actuación das persoas aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2026 comezará por aquelas cuxo primeiro apelido comece pola letra «M».
- Detalles
No DOG do 26/01/2026 publican a RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2026, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.
Publican como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas.
De conformidade co establecido na base V.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galiza desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.
- Detalles
No DOG do 23/01/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2026 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de patrón/oa.
- RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2026 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de mecánico.
Amplían o prazo de realización do segundo exercicio en vinte (20) días hábiles.
- Detalles
No DOG do 22/01/2026 publican a RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, dunha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro).
- Detalles
No DOG do 22/01/2026 publican a RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspectores e inspectoras de consumo, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
O detalle da puntuación de cada un dos méritos poderase consultar na canle do emprego público de Galicia (Fides), accedendo á inscrición no proceso selectivo, no bloque «Resultado», que se amosará no momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.
- Detalles
No DOG do 22/01/2026 publican a RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala técnica de delineantes, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 221, do 21 de novembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.
Publican a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo pola orde de puntuacións obtidas, atendendo aos criterios de desempate previstos na base IV.1. da convocatoria.
De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galiza desta resolución, para presentaren a documentación prevista na citada base.
- Detalles
No DOG do 22/01/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría agronómica, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso
A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
O detalle da puntuación de cada un dos méritos poderase consultar na canle do emprego publico de Galicia (Fides), accedendo á inscrición no proceso selectivo, no bloque de resultado, que se amosará no momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.
