- Detalles
No DOG do 13/02/2026 publican o ACORDO do 3 de febreiro de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Resolución do 16 de setembro de 2024, publicada no Diario Oficial de Galiza número 182, do 20 de setembro.
Publican, como anexo a este acordo, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.
De conformidade coa base IV.2 da resolución da convocatoria, a partir do día seguinte ao da publicación da relación de persoas aprobadas no DOG, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para presentar os documentos previstos na citada base.
- Detalles
No DOG do 12/02/2026 publican a RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes técnicos en xestión ambiental, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro).
Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.
No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.
- Detalles
No DOG do 12/02/2026 publican a RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre e de promoción interna convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 129, do 7 de xullo).
Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.
- Detalles
No DOG do 12/02/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de cociña, convocado mediante a Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 123, do 30 de xuño), pola que se fan público a data, a hora e o lugar de realización do primeiro e segundo exercicios do proceso selectivo.
O primeiro e o segundo exercicios da oposición terán lugar o día 21 de febreiro, ás 9.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda (Pontevedra).
- RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal subalterno, convocado mediante a Resolución do 24 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 233, do 2 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.
O primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 22 de febreiro de 2026, en chamamento único, que se iniciará ás 15.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia en Silleda.
- Detalles
No DOG do 11/02/2026 a CORPORACIÓN DE SERVIZOS AUDIOVISUAIS DE GALIZA publica o ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso como persoal laboral fixo en varias categorías.
As bases do proceso selectivo están expostas na páxina web da Corporación (http://www.csag.gal/). O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día seguinte ao da publicación deste anuncio e terá unha duración de 20 días hábiles.
- Detalles
No DOG do 11/02/2026 publican a RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 28 de novembro de 2025, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal subalterno, convocado pola Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 123, do 30 de xuño).
- Detalles
No DOG do 11/02/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, convocado mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 21, do 30 de xaneiro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.
- RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 21, do 30 de xaneiro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.
Declaran finalizada a fase de oposición dos procesos selectivos.
- Detalles
No DOG do 10/02/2026 publican a RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 4 de novembro de 2025 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Resolución do 13 de maio de 2024.
- Detalles
No DOG do 09/02/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2026 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.
As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para estas actividades se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.
O prazo de presentación de solicitudes será do 10 ao 20 de febreiro de 2026.
Unha vez recibidas as solicitudes correctamente, asignaranse as prazas no curso solicitado por orde de inscrición ata esgotar o total de prazas; terán prioridade aquelas persoas que posúan a condición de delegado/a de prevención, traballador/a designado/a e/ou empresario/a que asuma as funcións de prevención de riscos laborais na súa empresa (deberán achegar a documentación que o acredite ao enderezo <issga.cursoprl@xunta.gal> dentro do prazo de presentación de solicitudes) e reservarase o 50 % das prazas do curso para o persoal empregado público.
- Detalles
No DOG do 06/02/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario en prácticas as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023.
O nomeamento terá efectos, segundo establece a base III.1 da convocatoria, desde a data de inicio do período de prácticas regulamentado na Resolución da Consellaría de Facenda e Administración Pública do 29 de xaneiro de 2023, que será o día 9 de febreiro de 2026.
- RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2026 pola que se regula o período de prácticas das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023.
Segundo o disposto na base III.2 da convocatoria do proceso, o período de prácticas terá unha duración de seis (6) meses, que comezará o día 9 de febreiro de 2026 e rematará o 8 de agosto de 2026, ambos inclusive.
