Novas por contido

Aínda falta por publicar a composición dos tribunais do A1, tanto de promoción interna de corpos xerais como da escala de finanzas.

Non era sen tempo, tal como avanzábamos a comezos da semana pasada, por fin temos datas dos primeiros exames e hai tribunais nomeados, canto menos a maioría. As datas coñecíamolas o xoves a última hora e os tribunais foron publicados no DOG do 15 de abril:
Corpos xerais promoción interna C2 (OPE 2009, 2011 e 2012)
Corpos xerais promoción interna C1 (OPE 2009, 2011 e 2012)
Corpos xerais promoción interna A2 (OPE 2009, 2011 e 2012)
Finanzas A2 (OPE 2013)

Estes procesos poden ser considerados xa un "gran reserva" tendo en conta que derivan dunha OPE acumulada desde 2009. As convocatorias xa suficientemente envellecidas foron accidentadas, logo de cambiar radicalmente os modelos de exame; tras pequenos cambios e meses de borradores saíron ao final a mediados do ano pasado cunha inútil previsión incial do primeiro exercicio "non antes do 15 de novembro de 2015". E mirade onde estamos.

Por outra banda, con data de 12 de abril, menos de 2 meses antes dos exames, foron ao fin actualizados os últimos temarios da EGAP que faltaban da promoción interna, os máis complexos e que levaban temas de desenvolver, os do A2 e A1. Recordamos que as modificacións foron publicadas no DOG do 18 de novembro de 2015.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...