Novas por contido

O día 15 de xaneiro de 2019 a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais CCOO e UGT asinaron o Acordo de concertación do emprego público. Este acordo, negociado dentro do ámbito da Mesa Xeral de negociación dos empregados/as públicos/as foi rexeitado polos sindicatos CIG e CSIF, que ostentan a maioría absoluta nesa mesa e nas cinco Xuntas de Persoal funcionario, que representan ao redor de 10.000 funcionarios/as da Xunta de Galiza.

A Xunta de persoal funcionario de Servizos Centrais rexeitou o acordo este mércores. O xoves día 17 as de Coruña, Lugo e Pontevedra tamén o rexeitaron. O venres sumouse a de Ourense a este rexeitamento.

Os motivos que levaron ás cinco Xuntas de Persoal a rexeitar o sistema de carreira profesional recollido neste acordo son os expostos nos seus comunicados:

 

COMUNICADO DAS XUNTAS DE PERSOAL SOBRE O ACORDO DA CARREIRA PROFESIONAL

Á vista do Acordo de concertación do emprego público asinado o día 15 de xaneiro de 2019 entre a Consellería de Facenda e as organización sindicais CC.OO e UGT, esta Xunta de Persoal, debe rexeitar de modo rotundo o sistema de carreira profesional contido no mesmo, en base aos seguintes razoamentos:

  1. Porque este sistema de carreira profesional supón un agravio comparativo e unha discriminación co persoal doutras Administracións Públicas, non só doutras Comunidades Autónomas, senón incluso dentro da propia Comunidade Galega, como é o caso do Parlamento de Galicia, que está a punto de ser aprobado.
  2. Porque este sistema de carreira profesional supón un agravio comparativo e unha discriminación con respecto ao persoal de administración e servizos do SERGAS, que sendo un organismos autónomo da Xunta de Galiza, desenvolve unha carreira profesional onde o seu persoal pode acceder de xeito extraordinario a dous dos graos nun período de tempo menor que o persoal da Xunta de Galiza, o que significa unha diferenza salarial notable que non ten razón de ser.
  3. Porque este sistema de carreira profesional, establece limitacións respecto ao persoal temporal e interino ao impedirlles acceder ao encandramento extraordinario, consagrando así unha discriminación por razón da temporalidade no emprego contraria as Directivas Europeas de Igualdade no Traballo.
  4. Porque, se todo esto non abondase, este sistema de carreira profesional establece unhas discriminacións intolerables entre os propios funcionarios de carreira da Xunta ao establecer por unha banda períodos de cobro mais perxudiciais aos Subgrupos A1 e A2, que tardarían en cobrar o grado III tres anos máis, e establecer tamén respecto ás contías unhas diferenzas inxustificables entres os diferentes subgrupos, neste caso perxudicando aos Subgrupos C1, C2, e AP, afondando a brecha salarial.

Por todo isto, ante o desprezo continuado que o actual Goberno galego, profesa aos empregados públicos da Administración Xeral, e reclamando unha verdadeira carreira profesional, xusta nos seus emolumentos, equilibrada no seu reparto, integradora en canto ao persoal que afecte e progresiva no recoñecemento da antigüidade do persoal público, non podemos permanecer silentes e rexeitamos de modo contundente o sistema de carreira profesional contido no Acordo de concertación de emprego público asinado por CCOO e UGT coa Xunta de Galiza.

Outras novas recentes

Luns, 27 Outubro 2025

Bases do concurso de educacion infantil + aux. coidador/a (borrador 27/10/25)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal achéganos as bases e o listado de prazas do concurso de traslados das especialidades de educador/a infantil (técnicos/as facultativos e axentes técnicos/as facultativos) e da excala de auxiliar de coidadores. Os sindicatos temos prazo para presentar alegacións ata o luns 3 de novembro, así que se tes algo que...
Venres, 24 Outubro 2025

A CIG reclama unha suba do 5% para o persoal empregado público e unha cláusula de garantía salarial vinculada ao IPC

A Área Pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) vén de iniciar a recollida de sinaturas da Proposición Non de Lei (PNL) para blindar por lei a revalorización salarial na administración xeral, o ensino e a sanidade  A Área Pública da CIG  compareceu en rolda de prensa este luns para reiterar as demandas para garantir a recuperación da capacidade adquisitiva do...
Luns, 20 Outubro 2025

Promoción interna a corpos xerais. Modificación RPT Evo-Traballo social (para CP 21/10/25)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 21 de outubro, para a aprobación dos seguintes puntos: Promoción interna de corpos xerais Bases da convocatoria de promoción interna separada ao corpo superior-A1. Descargar Bases da convocatoria de promoción interna separada ao corpo de...