Novas por contido

Función Pública enviounos o proxecto de orde sobre o procedemento para o acceso ao réxime extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Descargar.

Temos ata o martes 12 para enviar alegacións. Se queres dicirnos algo, contacta coa CIG.

O procedemento refírese ao persoal funcionario de carreira. E como novidade, xa que o acordo non o prevé ata que se funcionaricen, tamén van incluír ao persoal laboral fixo ao que se lle recoñecerá o grao I de xeito provisional "mentres non se convoquen os procesos de funcionarización", tendo a consideración de pagamento "a conta". Non aprobar a funcionarización suporá a suspensión dos pagamentos, aínda que non se establece de xeito expreso si nese caso terán que devolver os importes cobrados.

Se podíamos considerar como unha chantaxe condicionar a carreira profesional á funcionarización, comezar a pagar de xeito provisional sen levantar a condición segue sendo outra chantaxe, poñendo ademais o caramelo na porta do colexio.

Tanto o persoal funcionario de carreira como o laboral fixo teñen que cumprir unha serie de requisitos que constan no texto da Orde, e que se suavizan con respecto aos fixados no Acordo de concertación, xa que moito persoal non os cumpría, tal e como sinalamos nesta nova.

O persoal funcionario interino, o persoal laboral temporal e indefinido, está excluido deste sistema extraordinario.

A carreira profesional é parte do Acordo de concertación que asinaron CCOO, UGT e o PP de Feijoo, co voto en contra da CIG. O Acordo ten aspectos positivos, pero tamén negativos que ao noso ver non compensan os positivos. Descargar boletín explicativo do Acordo.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...