Novas por contido

Ás 19:00 horas do 23 de outubro de 2011, segue activo un incendio forestal iniciado ás 11:00 horas no concello lugués da Ribeira de Piquín, o de máis arborado da provincia. Van calcinadas máis de 500 hectáreas, principalmente de arborado, hai varias aldeas ameazadas polo lume: Piquín, Lamas, Moleiras, Sadradín, Ouviaña, Muxen..., arderon 2 vivendas deshabitadas en Moleiras e o incendio mantén unha fronte de 10 km. e avanza pola Ribeira de Piquín cara A Fonsagrada por unha banda e cara A Pontenova e Carballido pola outra.

Os veciños das aldeas afectadas levan todo o día colaborando para que o lume non chegue ás súas casas e nestes momentos xa hai un dispositivo considerábel loitando contra as lapas. Pero esta mañá tiveron que enfrontarse ao lume 1 brigada, un axente forestal e unha motobomba. Os medios aéreos non poideron intervir polas condicións meteorolóxicas e un dos membros da brigada resultou ferido.

Non se pode permitir que a neglixencia dos dirixentes políticos da Xunta de Galicia nos aboque a estas situación: hai compañeiros do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais que levan feito xornadas de até 18 horas continuadas na extinción directa e a maior parte do dispositivo que quedou logo do masivo despedimento realizado na segunda quincena de setembro leva duplicando a xornada nas últimas semanas. Montes arrasados, hectáreas e hectáreas de arborado queimadas, aldeas ameazadas, casas ardidas, numerosos compañeiros feridos e o Conselleiro do Medio Rural atrévese a ir ao Parlamento no medio da campaña a dicir que era un bon ano e que ardera pouco. Non teñen vergoña.

Nota remitida aos medios

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...