Novas por contido

Na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos do venres 21 de decembro, os responsábeis políticos do PP na Administración de Galiza expuseron a súa decisión respecto ás retribucións dos empregados e empregadas públicas para o ano 2013, consistente na retirada do complemento específico nas dúas pagas extras, e cantidade equivalente para o persoal laboral.

Esta parte fundamental das nosas retribucións anda entre 300 e 1.500 euros, segundo o nivel, duas veces ao ano. Suporá unha redución do 4% respecto do conxunto da mesa salarial. Segundo o PP, a redución total será do 6,5% correspondendo un 2,5% a reducións conseguidas en aplicación da Lei de Medidas.

A estas horas, 15:00 horas, os delegados e delegadas sindicais seguen a estar concentrados na EGAP, pechados cos representantes da Administración reclamando que veña Feijóo. Como supoñemos que non virá, agardamos o desaloxo policial. Máis información ao longo do día.

Outras novas recentes

Mércores, 29 Outubro 2025

Boletín CIG Saúde Laboral nº 63: radón nos centros de traballo

Poñemos ao teu dispor o Boletín CIG Saúde Laboral Nº 63, publicación en materia de prevención de riscos laborais e saúde laboral, elaborada polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega. Contidos:         O radón Municipios prioritarios Metodoloxía Medicións Informes de resultados Descarga boletín 63 de Saúde laboral Está a túa...
Venres, 31 Outubro 2025

Persoal de prevención e defensa dos incendios reclama un servizo 100% público e con dignidade laboral

Manifestáronse en Compostela para denunciar a situación de abandono, a desigualdade e mala xestión por parte da Xunta de Galiza. Arredor de 400 profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDIF) mobilizáronse este xoves dende a Consellaría de Medio Rural até o complexo administrativo de San Caetano para denunciar a situación de abandono,...
Luns, 27 Outubro 2025

Bases do concurso de educacion infantil + aux. coidador/a (borrador 27/10/25)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal achéganos as bases e o listado de prazas do concurso de traslados das especialidades de educador/a infantil (técnicos/as facultativos e axentes técnicos/as facultativos) e da excala de auxiliar de coidadores. Os sindicatos temos prazo para presentar alegacións ata o luns 3 de novembro, así que se tes algo que...