Novas por contido

As organizacións sindicais estamos convocadas a unha sesión extraordinaria da Mesa Xeral de Negociación dos Empregados Públicos o venres 21 de decembro ás 13:45 horas na EGAP (Compostela), para tratar o Capítulo I (gastos de persoal) dos orzamentos de Galiza. Convidamos a todos e todas a acudir á EGAP, ás 13:30 horas.

O luns 17, o Director Xeral da Función Pública negou o ruxe-ruxe de que pretendían descontar un 50% do complemento específico das nóminas, pero o xoves 20, preguntado pola información publicada por varios medios de comunicación segundo a que nos ían retirar un 7% nas retribucións, o Director Xeral deu a calada por resposta. Xa que logo, nestes intres non sabemos cales son as súas intencións, pero non nos gusta nada o que observamos.

Non nos vamos quedar de brazas cruzados a velas vir, así que che convidamos a que veñas á EGAP, o venres 21, ás 13:30 horas.

A información que teñamos da Mesa Xeral publicarémola no noso web, en http://autonomica.cigadmon.gal

Outras novas recentes

Xoves, 12 Marzo 2026

Convocatoria do concurso de traslados de xerocultura e PSX

No DOG do 12/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de...
Xoves, 12 Marzo 2026

Apertura do prazo para modificar os ámbitos e datos persoais das listas de substitucións de PSX e xerocultura

No DOG do 12/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se abre o prazo para modificar os ámbitos e os datos persoais facilitados nas solicitudes de inclusión das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo auxiliar da...
Luns, 16 Marzo 2026

A asemblea do Proceso Social de Lingua Vital ratifica o protocolo para reverter a emerxencia lingüística

«Na Galiza en galego» foi o clamor que se escoitou na mañá de sábado chuvioso do 14 de marzo na praza da Quintán de Compostela. eYKZMUh6ldg    Queremos Galego, plataforma da que a CIG forma parte, vén de celebrar o 14 de marzo a asemblea na que someteu á aprobación da sociedade galega o Protocolo Lingua Vital. Este instrumento, en cuxa elaboración participou a...