Novas por contido

A Xunta presume de que vai gastar os 100.000 test que lle envía o goberno central nun estudo epidemiolóxico de natureza estatística, indo contra as indicacións do Ministerio de Sanidade que eran as de usalos en residencias e hospitais.

O que non conta a Xunta é que a algúns dos/as traballadores/as das residencias de maiores, de menores e de centros de discapacitados psíquicos foron diagnosticados como casos positivos, e que a día de hoxe aínda se está pendente da realización dos test á maioría do persoal e dos/as residentes, o que favorece que poida seguir habendo contaxios.

Tampouco se está a contar que foi preciso que saíra á luz unha partida de mascarillas defectuosas retiradas polo goberno para que se realizasen os test o persoal das residencias integradas, o cal ten un especial risco por estar en contacto directo con pacientes diagnosticados positivos. Se non fose por esta circunstancia estes traballadores que realizan quendas de doce horas durante sete días consecutivos estarían sen realizar os test expoñendo perigosamente a saúde das súas familias e regresando a traballar sen saber si están contaxiados ou non.

Ante este cúmulo de aberracións dende a CIG esiximos a Xunta que se priorice a realización dos test pendentes nestes centros por ser especialmente sensibles.

Menos publicidade de 100.000 test para estudos estatísticos e máis centrarse na saúde dos residentes e do persoal que son os que realmente están ao fronte desta crise sanitaria.


Coa saúde das persoas que nos coidan non se xoga!!

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...