Novas por contido

O día 5 de marzo 2020 solicitamos a convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Intercentros para acordar a implantación  de medidas de prevención de riscos perante a infección do COVID 19 no ámbito laboral do Xunta de Galiza. A resposta da Xunta foi convocarnos para o día 17 de marzo.

A día de hoxe a Xunta non implantou medidas específicas de protección fronte este virus infeccioso nos centros de traballo. É necesaria a convocatoria dos Comités de Seguridade e Saúde laboral para propor e avaliar ditas medidas e valorar a determinación do risco.

Ante a evolución da epidemia nos últimos días e as medidas adoptadas o día 9 polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, do que forman parte o Ministerio de Sanidade e as CCAA e para salvagardar a saúde dos traballadores da Xunta de Galiza desde a CIG reiteramos  a necesidade de tomar medidas urxentes como:

➢ Realización de teletraballo para todos os postos que sexa posible e aumentar de xeito inmediato as xornadas aqueles que xa o teñen.
➢ Flexibilidade horaria sen límite e quendas  para reducir as concentracións de traballadores/as.
➢ Reunións por videoconferencia.
➢ Establecemento de medidas para que os traballadores con menores ou maiores ao cargo ou con familiares enfermos poidan conciliar (permisos retribuídos) tendo en conta o posible peche de centros educativos e centros de día como pasou en Madrid.
➢ Medidas específicas (permiso retribuído) para aqueles traballadores que padecen enfermidades crónicas, pluripatolóxicas ou con estados de inmunosupresión conxénita, persoas especialmente sensibles como as embarazadas, etc e que polas características do seu posto do traballo non poden acollerse a outras medidas organizativas.
➢ Medidas organizativas e materiais (pantallas protección, dispensadores de hidroxel, separación de espazos, aumento e mellora sistemas ventilación e extracción aire…) para minimizar o risco de contaxio.
Medidas de protección individual para o que a Xunta debe aportar os EPIs necesarios.
➢ Medidas específicas para os centros onde hai atención a persoas usuarias con facilidade infección como pode ser as escolas infantís e residencias de maiores, os edificios administrativos onde traballan centos de empregadas publicas ou aqueles servizos de atención ao publico de grande actividade como son as oficinas de emprego, as
agrarias comarcais, turismo, os rexistros, servizos de información, etc.
➢ Consideración como accidente laboral, para todos os traballadores, a infección por coronavirus.

Esta obriga da Xunta, como responsable da protección do seu persoal, ven perfectamente definida na normativa de aplicación e implica que debe garantir a seguridade e a saúde das persoas traballadoras ao seu servizo en todos os aspectos relacionados co traballo baixo o seu ámbito de dirección.

Desde a CIG solicitamos a convocatoria urxente dos Comités de Seguridade e Saúde Laboral para acordar a implantación de medidas de prevención.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...