Novas por contido

A CIG-Autonómica denuncia que, a día de hoxe, a Xunta de Galiza “non protexeu ao persoal das residencias; non formou, nin informou de medidas de protección perante o COVID-19, para evitar o risco de contaxio tanto do persoal traballador a persoas usuarias como ao contrario; non dotou dos EPIs necesarios e suficientes ao persoal; non tomou as medidas organizativas para evitar a coincidencia de persoas traballadoras nun mesmo espazo -como o traslado do comezo de quendas uns minutos ou facer coincidir as mesmas persoas nas mesmas quendas e espazos de traballo, por exemplo-, e tampouco ten previsto, nin informado ao persoal, de que facer ao aparecer contaxios nestes centros de traballo tan sensibles”.

Esta situación é similar en todos os centros de maiores, de menores e de persoas discapacitadas dependentes tanto de Política Social como do Consorcio que permanecen abertos ao ser considerados servizos esenciais. Entre estes, os centros de maiores de Oleiros; o Torrente Ballester; o de Carballo; o de Ferrol; o Porta do Camiño en Compostela; o Volta do Castro, tamén en Compostela; o da Pobra do Caramiñal e o do Consorcio. E de menores: o San Xosé de Calasanz e o de Atención de Menores de Ferrol.

Permanecen tamén abertos os Centros de Atención a Persoas Discapacitadas da Coruña e os Centros de Atención a Maiores Dependentes de Melide e de Cerceda, ambos do Consorcio.

Nestes centros non se están a tomar as medidas de prevención de riscos laborais necesarias para protexer nin ao persoal, nin ás persoas usuarias, malia ter sido requirido en numerosas ocasións, e por diferentes vías, tanto polo persoal, como polas delegadas e delegados da CIG.

Entre as medidas que non se adoptaron salientamosn que “non se deu nin a formación, nin as instrucións necesarias”, limitándose a facilitar aos departamentos os protocolos xenéricos para o persoal da Administración Autonómica, editados pola Xunta.

EPIs mesmo retirados

A gravidade da situación é tanto maior canto que os EPIS dos centros de traballo que había para atender a persoas con outras infeccións características de residencias de maiores, como máscaras ou batas desbotables específicas, mesmo foron retiradas pola dirección dos centos, polo que este persoal que traballa con persoas usuarias que deberan estar illadas e cunhas proteccións específicas, non a teñen, aumentando o risco de contaxio noutras persoas residentes.

Tampouco se formou nin informou sobre as medidas a adoptar diante da infección do COVID 19, nin EPIS, nin como empregalos, nin que medidas hixiénicas adoptar en cada actividade.

Ademais, respecto do material para casos confirmados ou sospeitosos, as existencias do material específico (luvas de nitrilo, máscaras FFPs e FFP3, batas desbotables impermeables de manga longa, gafas de protección ou material para enfermos respiratorios…) está nesta situación:

Na residencia de Maiores de Ferrol hai material de illamento respiratorio e equipos especiais para Covid 19, pero son escasos, están gardados e non hai para todo o persoal, como tampouco hai máscaras FFP3.

Na Residencia de Oleiros, hai batas e máscaras “gardadas baixo chave; néganse as máscaras cirúrxicas ao persoal que o pon e mesmo investígase se o traen das súas casas”. Chegouse ao punto de obrigar a quitalas.

Na Residencia Volta do Castro, aínda que hai máscaras e batas cirúrxicas, a dirección, acompañada pola coordinadora, retirou as máscaras e non se utilizan polo persoal de limpeza, nin nas habitacións de illamento por virus hospitalarios.

Na mesma liña, nos Centros de Atención a Persoas Discapacitadas aínda que si se facilita xel e luvas, non se facilitan máscaras.

Esto non so esta suceder na coruña sinon nos centros de toda Galiza, é unha cuestion xeralizada por falta de previsión e organizacion da Xunta.

Os centros dependentes do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, peor

Con todo, denuncian que os centros dependentes do Consorcio está aínda en peores condicións porque, por exemplo, no caso do de Ortigueira non hai material para persoas infectadas, só luvas: no CAMP de Melide as batas e máscaras de papel que teñen non son axeitadas, polo que utilizan só luvas. Ademais, neste caso, subliñan que a dirección do centro está na casa facendo teletraballo e que a enfermeira non vai estar até o luns, polo que só quedan as xerocultoras e o persoal de servizos xerais.

E se isto parece grave, a situación do CAMP de Cerceda é aínda peor porque só hai papel hixiénico, medio frasco de hidroxel e 25 máscaras. Nin batas, nin alcohol para desinfección de termómetros e un número escaso de luvas. Tamén neste caso a dirección está teletraballando.

Non se fan test para confirmar contaxios

A CIG tamén considera que é moi grave que non se estean a facer tests para confirmar os contaxios a ningunha persoa residente nos centros, nin ao persoa que está en corentena por sospeita de contaxio. A consecuencia é que, xa que logo, non se toman as medidas previstas en caso de infección.

Isto non só pon en risco a saúde e integridade do persoal dos centros, senón tamén ás súas familias e, sobre todo, ás persoas residentes, que forman parte do sector de poboación en risco.

Contradicións nas instrucións

Cando isto, denunciamos as contradicións nas instrucións e protocolos de Política Social, porque mentres instan a incrementar as limpezas a fondo e a facer desinfeccións varias veces ao día, nos centros hai instrucións de pór os cadros de persoal a mínimos, o que é incompatible coa carga de traballo que supón cumprir as directrices canto limpezas e desinfección.

Tampouco se adoptan medidas específicas coas persoas residentes que teñen algunha patoloxía e teñen que ser trasladadas en ambulancia, porque nin se lles pon máscara nin se lles colocan luvas.

Demandas

Por todo isto, demandamos que se dote a todo o persoal co material de protección necesario, se poñan en marcha as medidas organizativas e de xestión necesarias para minimizar o risco de contaxio previstas nun plan preventivo específico e se convoquen os Comités de Saúde Laboral, por medios telemáticos ou similares, para controlar e avaliar a implantación e efectividade dos equipos de prevención e o plan de acción ou medidas preventivas.

A CIG presentou denuncia pola inacción da Xunta de Galiza na Inspección de Traballo, en Sanidade e na Subdelegación do Goberno.

Outras novas recentes

Luns, 23 Decembro 2024

Para o ano 2025 os días de asuntos particulares serán oito.(8)

Nota informativa: días de asuntos paticulares para o ano 2025A resolución do 24 de febreiro de 2016 da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucción sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas, no seu apartado décimo cuarto (artigo 118 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia), punto 5, establece que: “Incorporase un día...
Martes, 17 Decembro 2024

Mesa de seguimento do acordo de funcionarios do SPIF: consecuencias dun acordo "sen letra pequena"

O día 13 de decembro 2024 celebrouse a 9ª reunión da mesa de seguimento do acordo de funcionarios do SPIF onde a Administración presentounos uns gráficos nos que se reflexa a porcentaxe de cobertura así como a de vacacións,  comparando os anos 2023 con 2024. Dende a CIG insistimos que: - Unha vez máis que, logo do traslado do acordo ao persoal laboral, é de recibo que se...
Luns, 16 Decembro 2024

Decreto OEP2024 de escalas sanitarias (Lei 17/89) (MSF 13/12/24)

A Dirección Xeral de Función Pública trouxo á Mesa Sectorial de Funcionarias (13/12/24) o Decreto da OEP 2024 das escalas sanitarias da Lei 17/89. Este persoal segue a ter unha xestión á marxe de Emprego Público, cando se trata de persoal funcionario de Administración. Seguindo o seu modus operandi, onde a boa fe negocial brilla pola súa absoluta ausencia: enviáronnos a...