Novas por contido

Cara última hora do domingo 15 de marzo sairá publicada no DOG [xa publicado, ver ao final desta nova] unha resolución coas instrucións ao respecto, pero xa podemos avanzar parte do seu contido despois de manter contacto permanente con Función Pública:

RESUMO DAS MEDIDAS

1. Todas as persoas empregadas públicas que poidan teletraballar quedaranse na súa casa teletraballando.

2. Resto do personal que non poida teletraballar: quedarase na súa casa, SALVO que realice funcións esenciais.

As funcións esenciais son as seguintes:

  • Funcións desempeñadas polo persoal directivo.
  • Seguridade.
  • Mantemento de edificios.
  • Comunicación e outros servizos relacionados coas tecnoloxías da información.
  • Pagamento a proveedores.
  • Habilitacións.
  • Garderías forestal e ambiental, centros de recuperación da fauna e razas autóctonas.
  • As propias do servizo de gardacostas de Galiza.
  • Servizos de alertas sanitiarias en todas as súas modalidades.
  • Servizos de inspección de saúde pública.
  • Servizos de prevención e extinción de incendios de Galiza
  • Así como todas aquelas que determinen os órganos directivos por considerarse necesarias para garantír a continuidade das funcións básicas.

3. Se teñen que facerse presencialmente, estableceranse quendas e minimizaranse os riscos de contaxio laboral.

4. Todas as persoas empregadas públicas deberán estar localizables e deberán reincorporarse aos seus postos de traballo se se lles require.

5. Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de mas de seis unidades permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro das 10:00 ás 13:00 horas (non deberá acudir o persoal non docente).

6. Duración das medidas: mentres dure a situación extraordinaria.

Ademais recordamos: as anteriores instrucións dictadas por outros órganos que contradigan a esta quedan anuladas.

As persoas sensibles por razon de saúde ou embarazo ou fillos menores ou maiores dependentes a cargo, informarán á dirección da situación e quedarán na casa.

Queda excluído do presente acordo o persoal sanitario, o persoal dos centros de servizos sociais, o persoal de xustiza e o persoal de seguridade, protección civil e emerxencias, sen prexuízo das instrucións ou protocolos que nos devanditos eidos se poidan aprobar.

Se nos necesitas, estamos á túa disposición por internet: contactar coa CIG.

Editamos a información: xa se pode consultar no DOG a información anterior, e engadimos algunha máis.

  • Resolución pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19. Ir á Resolución do DOG do 15/03/20.
  • Resolución pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, declarada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do día 13 de marzo de 2020, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19. Ir á Resolución do DOG do 15/03/2020.
  • Medio Rural: Instrucións, protocolos e medios de contacto da Consellería durante a emerxencia sanitaria. Ir ás instrucións.
  • Política Social e Sanidade: Protocolo para os centros de servizos sociais. Ir ao protocolo. 

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...