Novas por contido

Despois de que a CIG lévase días reclamando aos responsábeis políticos da Administración Autonómica a convocatoria urxente dos comités de prevención de riscos laborais para tomar medidas e que nos preparásemos para o risco que supón a infección de COVID19, por fin a Xunta esperta e comeza a tomar conciencia da magnitude do problema.

O xoves 12 acudimos á xuntanza convocada polo director xeral de Función Pública. Subliñando o valor da información e fuxindo do alarmismo desmesurado, a CIG acolle as medidas propostas polos responsábeis da Administración, e que publicadas no DOG BIS do xoves12:

Se ven a maioría das medidas son de carácter personal e individual, tamén propoñen medidas organizativas.

Medidas en caso de síntomas:

  • Teléfono de informacion 900400116 (de balde).
  • Teléfono de informacion para casos de sintomatoloxía: 061.
  • Se os síntomas aparecen no seu domicilio, deberá comunicalo ao 061 -tal e como estableceron as autoridades sanitarias- e non acudirá ao centro de traballo. Deberá comunicar á súa unidade a situación e a súa ausencia será considerada como xustificada.
  • Se os síntomas aparecen no posto de traballo, o empregado deberá informar ao seu superior, trasladarase de inmediato a un espazo cerrado e porase en contacto con 061 para adoptar as medidas que indiquen as autoridades sanitarias. Os responsables de persoal serán os encargados de ditar as instrucións para ventilar ben o espazo e que se limpe cunha solución de hipoclorito sódico.

Medidas como consecuencia peche centros:

  • Persoal dos centros docentes: acudirá ao posto de traballo, agas indicación en contra (van tratar de dar clases telemáticas).
  • Persoas con fillos ou maiores a cargo: adoptar medidas especiais de flexibilidade da xornada laboral, sen suxeición aos límites horarios previstos na normativa. De ser imprescindible, tamén se permitirá a presenza do persoal no seu domicilio. En caso de que ambos proxenitores ou responsables teñan a condición de empregados públicos non poderán empregar estas medidas de forma simultánea. As ausencias xustificaranse como deber inexcusable.

Outras medidas:

  • Formación: pasarase a teleformación.
  • Procesos selectivos en marcha: suspenderanse durante tres meses.
  • Viaxes de traballo: pospoñeranse todos os non imprescindibles.
  • Ademais, se nalgún momento as recomendacións sanitarias o aconsellasen, desde a Xunta poderanse adoptar medidas de posta en marcha de teletraballo para preservar a saúde da persoas dos distintos centros.
  • Rexistro e atención ao público:
    • Ademais de trasladar toda a información necesaria ao persoal, incidindo nas medidas hixiénicas, reforzarase a limpeza das instalacións con produtos desinfectantes e disporase dos elementos necesarios de hixiene, como o xel hidroalcóholico e xabón. Neste ámbito, tamén se lle facilitará ao persoal que atende ao público o acceso aos aseos co obxectivo de que poidan lavar as mans coa frecuencia que precisen.
    • Ademais, disporase dunha distancia de polo menos un metro co público e evitarase o contacto físico. Tamén se controlará, na medida do posible, a afluencia de público co fin de evitar aglomeracións nas zonas de espera. De haber persoal especialmente sensible nestas oficinas, deberán comunicalo ao seu superior para adoptar as medidas específicas necesarias para o seu caso.
  • Permitirase que persoal especialmente sensible poida ausentarse do seu posto de traballo se hai unha recomendación sanitaria que así o indique. Isto incluiría a persoas con patoloxías concurrentes ou enfermidades crónicas, mulleres embarazadas ou persoas con fillos menores de idade e/ou persoas dependentes ao seu cargo.
  • A Axencia Tributaria faránselle extensibles estas accións.

A maiores, dende a CIG solicitamos:

  • Ampliar o espazo de separacion entre persoas a 2 metros.
  • Suspender o cómputo de prazos.
  • Suspender trámites non indispensables (como permisos de queimas, etc.).
  • Instruccións específicas cara ás persoas responsábeis de centros nas que se prohíba levar a casa para lavar a roupa de traballo, se dote do material suficiente, plan de limpeza co reforzo de persoal necesario. Especial fincapé en centros de día e residencias de maiores.
  • Que se aumente automaticamente o número de xornadas de teletraballo a todo o persoal que xa o ten concedido, e extendelo ao máximo de persoal posíbel.
  • Que se atenda ao público mediante cita previa ou algún outro sistema de control para evitar amoreamentos.
  • Que se convoquen aos comités de seguridade e saude laboral con este punto único para o control e avaliación destas medidas e outras complementarias concretas que se consideren necesarias.

Dende a CIG pedimos un exercicio de solidariedade colectiva axudando a manter os servizos publicos esenciais coa maior normalidade posible tendo en conta a salvagarda da saúde persoal e das persoas usuarias.

Outras novas recentes

Martes, 28 Xullo 2026

Cadro de persoal de investigación de carácter laboral da comunidade autónoma; elección de destino de Gain (MX 23/07/26)

A creación do cadro de persoal de investigación laboral nos organismos de investigación veu á Mesa sen negociación previa coa representación das traballadoras e traballadores de cada entidade, deixando fóra 32 organismos dos 50 recoñecidos oficialmente, excluíndo ao persoal de xestión da innovación e omitindo as funcións efectivas dos postos, ademais dunha clasificación...
Luns, 20 Xullo 2026

Altas temperaturas no SPIF

Hidratación, avituallamento e medios de apoio A CIG solicita á Consellería do Medio Rural medidas preventivas para garantir a seguridade e a saúde do persoal que permanece longos períodos fóra da base durante episodios de calor. A SITUACIÓN Coas vagas de calor que estamos sufrindo, o persoal do SPIF está sometido a un estrés térmico engadido ao propio estrés térmico da súa...
Martes, 28 Xullo 2026

Plantón sindical na Mesa Xeral pola non negociación dun acordo para o Persoal Non Docente

A Consellería da Imposición e falta de Educación, segue a mofarse do Persoal da Administración e Servizos dos centros educativos, e levan á Mesa Xeral de negociación a modificación da relación de postos de traballo (RPT), sin propoñer nin dar datas de cara á negociación dun Acordo Marco de condicións de traballo para o persoal non docente dos centros, motivo polo que xa...