Novas por contido

O mércores 30 de setembro, e mediante Real Decreto-lei, foi modificado o Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) para introducir un novo artigo 47-bis sobre o teletraballo nas administracións públicas. 

Dos cinco sindicatos con representación na Mesa Xeral en Madrid, CCOO, UGT e CSIF acabaron asinando un texto moi pouco ambicioso, rexeitado por CIG e ELA.

A CIG participou activamente na negociación “exprés” da reforma do EBEP para introducir o teletraballo nas administracións públicas, e que rematou coa publicación no BOE do 30/09/2020 do Real Decreto-lei 29/2020, de medidas urxentes en materia de teletraballo nas Administracións Públicas e de recursos humanos no Sistema Nacional de Saude para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Defendimos unha táboa cos nove puntos mínimos que consideramos que debería contemplar unha norma básica como é o EBEP. A nosa aportación, concreta, estudada e argumentada, permitiu mellorar de xeito claro a proposta inicial do Ministerio de Administracións Públicas. Así, foron incluídas as nosas propostas de que o teletraballo terá carácter voluntario e reversíbel, e que a Administración proporcionará e manterá os medios tecnolóxicos necesarios.

Porén, hai 3 puntos básicos das nosas propostas que, a pesares de ser aceptados pola Administración, foron incorporados tan só na exposición de motivos, non no novo artigo 47-bis, circunstancia que levou á CIG a non asinar o texto, dado que a exposición de motivos non obriga a nada, a diferencia da parte dispositiva do texto que é a que ten forza normativa. 

Estes puntos defendidos pola CIG e recollidos tan só na exposición de motivos son:

  • O dereito á desconexión dixital
  • A avaliación e prevención de riscos laborais
  • A formación en competencias dixitais

Inicialmente a postura da CIG foi apoiada por CCOO, UGT, CSIF e ELA, pero finalmente os tres primeiros aviñéronse a aceptar a postura da representación da Administración, polo que tan só CIG e ELA mantivemos a nosa postura na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas.

Agora toca negociar coa Xunta de Galiza unha norma clara para a regulación do teletraballo na nosa Administración Autonómica, que se adapte á realidade e ás necesidades da cidadanía, do persoal empregado público.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...