Novas por contido

Estamos convocados a unha Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos o mércores 9 de xuño, na que se van tratar os seguintes asuntos:

  • RPT de Medio Rural. Descargar
  • Procedemento de integración como persoal laboral da Xunta do persoal laboral fixo do Consello Económico e Social de Galiza (CES). Descargar
  • Procedemento para o nomeamento como persoal funcionario do persoal laboral fixo que superou os procesos de funcionarización. Descargar
  • RPT de funcionarización. Descargar 
  • Bases comúns dos procesos selectivos para o ingreso na Administración Xeral. Descargar
  • Orde que regula o nomeamento de persoal interino de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral. Descargar
  • Decreto de desenvolvemento da Lei 5/2021 de impulso demográfico de Galiza, no relativo a flexibilidade horaria por conciliación familiar. Descargar

Se queres aportar algo, contacta coa CIG.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...