Novas por contido

O día 20 de xaneiro será a derradeira reunión da comisión de avaliación do concurso xeral. Ese día aprobarase tamén a proposta de resolución do concurso.

A partires de aí podería publicarse a resolución en calquera momento pois xa queda en mans de Función Pública.

A dúbida que xurde é sobre as dúas posibilidades que pode ter Función Pública (tendo en conta de que van facer coincidir a toma de posesión do concurso coas tomas de posesión dos procesos selectivos en curso):

  • Que a resolución se publique en febreiro ou marzo cunha toma de posesión diferida a abril ou maio (que será cando se resolvan os procesos selectivos).
  • Que a resolución se publique en abril maio xunto coa dos procesos selectivos.

Se Función Pública tivese un funcionamento “normal” terían que informar por que modalidade van optar.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Mércores, 18 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais, destinos veterinarios/as, gardacostas, PSX, funcionarización en excedencia (CP 17/11/26)

Na Comisión de Persoal do 17 de novembro votáronse as convocatorias de procesos selectivos de promoción interna para o corpo superior A1, corpo de xestión A2, e corpo auxiliar C2 . O noso voto foi en contra das bases desas convocatorias xa que non estamos conformes coas restricións do número de prazas, de escalas nin de recualificación dos postos ou dalgún sistema que...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...