Novas por contido

O mércores 9 de agosto tivo lugar unha xuntanza da Comisión de Persoal na que se trataron os seguintes asuntos: 1) Acordo de condicións de traballo nos centros de Política Social, 2) Acordo de integración de GAIN, e 3) modificación da funcionarización. Dentro de Rogos e preguntas, o director xeral de Función Pública deu información de: OEP e procesos selectivos, concurso especiais, integración AGADER e INEGA.

ACORDO DE INTEGRACIÓN DO PERSOAL LABORAL DO GAÍN

Despois de que recibíramos o primeiro borrador en abril, ao que presentamos alegacións, non recibimos un segundo borrador ata 26 antes da Mesa Xeral. O director xeral de Función Pública (DXFP) negouse a retirar o punto da orde do día para poder discutilo. Mentres tanto, si existiu xuntanza con algún sindicato minoritario, polo que a CIG cuestiona as formas na negociación, algo que valoraremos coa nosa asesoría xurídica.

A carreira profesional no GAIN está xudicializada, por denegación tanto das solicitudes do 2019 como do 2022. Rexeitamos que exclúan ás persoas que non acepten a funcionarización. 

Xa que logo, a CIG votou en contra. CCOO, CSIF e UGT votaron a favor.

MODIFICACIÓN DO ANEXO DO DECRETO 165/2019  (funcionarización)

CIG manifesta que agás un cambio na categoría de conserxe, non tiveron en conta ningunha outra das nosas alegacións. Un exemplo das discrepancia está no feito de que manteñen a rebaixa de de grupo da categoría III-99, que vai a C2.

CIG e CSIF votan en contra. CCOO e UGT abstención.

ACORDO DE CONDICIÓNS DE TRABALLO NOS CENTROS DE POLÍTICA SOCIAL

O DXFP comunica uns cambios de última hora. 

A CIG manifestamos que non entendemos que veñan con presas de sacar un documento en agosto sen que o persoal afectado o poida valorar, polo que solicitamos adiar o voto a setembro. O DXFP non acepta, e da de prazo para emitir o voto ata o venres. 

CIG e CSIF adían o voto. CCOO e UGT votan a favor. 

ROGOS E PREGUNTAS

Procesos selectivos da Lei 20/21: Nos vindeiros días sairán as listaxes definitivas de persoas admitidos/as nos procesos selectivos da Lei 20/21. Confirma que o exame de galego será os días 9 e 10 de setembro.

Proceso selectivo de axentes medioambientais: remitiron o borrador da convocatoria.

OEP-2023, RPT de Medio Ambiente e Concurso especiais: en setembro abordaremos estas cuestións. Respecto do concurso de admón. especial, di que se queremos que os concursos sexan rápidos e áxiles, teñen que ser sinxelos, polo que a valoración de méritos ten que ser o máis simple posíbel.

Toma de posesión dos traballadores/as sociais: di que hai un problema de falta de prazas e que se van crear as necesarias na RPT de Política Social (que continuará a negociación en setembro).

Destino de persoal subalternos discapacitado intelectual: seica unha asociación de persoal discapacitado anda a dicirlle ao persoal afectado que está en destino provisional, que van a quedar no mesmo posto. Pedimos explicacións, ao que resposta o DXFP que non teñen ningunha decisión tomada nin falado con ningunha asociación por ese tema, pero si que deu instrucións a unha subdirección para que valoren cales serían os postos adecuados a ocupar por estas persoas.

Integración AGADER e INEGA: o DXFP comprométese a dirixirse en setembro ás persoas responsábeis de AGADER e INEGA para abordar un proceso de integración/funcionarización/carreira similar ao acordado para GAIN.

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...