Novas por contido

O QUE SI NOS GOSTA DO ACORDO

 

AGORA

ANTES

16 FESTIVOS PARA TODO O PERSOAL
14 FESTIVOS, O 24 E 31 DE DECEMBRO SÓ PARA QUEN OS TRABALLABA
12 HORAS ENTRE XORNADAS PARA O PERSOAL FUNCIONARIO NON REGULADO.
Lembremos que para o persoal funcionario da Xunta de Galiza non está regulado o descanso entre xornadas, polo que a administración podería obrigar a traballar na quenda de mañá e na quenda de noite na mesma xornada. Non así para o persoal laboral que si se recolle na normativa laboral o descanso de 12h. Outra chapuza da funcionarización.
As “c” en carteleira como inhábiles
Antes as “x” podían poñelas ou non
35h/semanais en compensación da falta de xornada de verán.
37,5 h/semanais
Coas quendas de 7 horas e a compensación de 3 horas por quenda nocturna na práctica teremos unha xornada de 35h/semanais todo o persoal de Política Social afectado por este acordo.
Polo xeral librarase unha fin de semana de cada 2
Nalgúns centros líbrase 1 fin de semana de cada 3
Polo xeral a metade dos festivos Non existe número máximo de festivos traballados. En centros persoal traballando 12 e 13 festivos de 14
Recoñecemento festivos especiais Nunca se recoñeceran os festivos do Nadal como especiais
Conversión de 145 contratos a xornada completa
Contratos de fin de semana
Creación de 100 postos de traballo novos.  

 

O QUE NON NOS GOSTA DO ACORDO

 

Vacacións, entre o 01.06 e o 30.09 só por quincenas ou mes completo. A nosa intención segue a ser que se compense por limitar as vacacións deste xeito.
Comisións de Seguimento Déixanse moitas cuestións abertas a interpretación e acordo da comisión de seguimento.
Compensacións tempo Sempre pelexamos pola compensación do 75% tal e como recolle o convenio colectivo.
Compensacións económicas Consideramos que tiñan que ser maiores e a mesma cantidade para todos os grupos, xa que un domingo ou festivo é igual sexa o grupo que sexa.
Emerxencia Social Solo se recolle para estudalo na comisión de seguimento.
Adaptación de postos Na comisión de seguimento.
Xubilación parcial e segunda actividade
Na comisión de seguimento.
Dereito a Comedor
Na comisión de seguimento.

 

O Acordo mellora o que temos, pero a CIG aspiraba a máis. E quedamos a medias

A Xunta, e os sindicatos CCOO e UGT, levan anos asinando acordos nos que crean “comisións de seguimento” conformadas exclusivamente polos asinantes dos acordos. Moitas veces as comisións de seguimento non valen para nada. Pero neste Acordo de Política Social, as funcións desa comisión de seguimento son enormes. Vai ser unha mesa de negociación. Aí van ir cousas como a organización dos cuadrantes de traballo, a aprobación dun protocolo de agresións, o estudo das necesidades do servizo, ampliación do cadro de persoal.

Non podemos permitir que CCOO e UGT teñan a capacidade de manexar todas estas cousas en connivencia coa Xunta sen oposición algunha. Por isto, entre outras cousas, a CIG asinou o acordo de condicións de traballo do persoal dos centros de Política Social.

Porque non estamos dispostos a permitir que Xunta, CCOO e UGT fagan e desfagan as cousas que están por vir sen a presenza do sindicato que lles pode parar os pés.

 

Compensación económica cada 4 domingos ou festivos

 

  2023 2024 2025
Grupo A 180 € 200 € 220 €
Subgrupo C1 160 € 180 € 200 €
Subgrupo C2 140 € 160 € 180 €
Ag. Prof. 120 € 140 € 160 €

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...