Novas por contido

Parece que a CCOO non lle gustou que a CIG fixera consultas entre os traballadores de Política Social, e nos acusan falsamente de dicir que o acordo era malo.

Pensamos que todas as persoas traballadoras xa teñen claro como discorreu a negociación deste acordo, pero por si quedan dúbidas, das que pretende sementar CCOO, aquí deixamos unas breves notas para quen queira ter coñecemento.

1. A CIG NON dixo que o texto do acordo final fose malo, senón que estaba no límite do aceptable. NON, non é o óptimo, pero por culpa deles e as súas presas é o mellor que se poido conseguir.

Por que non se regulou o tempo de descanso de xeito xeral cando pactaron a funcionarización? Por que a estes sindicatos lles interesa facer negociacións atomizadas? Por qué entran no xogo da Administración e non traspoñen os dereitos do convenio colectivo a todo o persoal da Xunta de Galiza, sexa funcionario ou laboral? Por que non se atreven a negociar un ACORDO MARCO para TODO O PERSOAL DA XUNTA DE GALIZA?

2. Precisamente por isto quixemos coñecer a opinión e o sentir das persoas traballadoras de Política Social, facendo unha enquisa a toda presa, chamando aos centros, falando coas compañeiras, ante a imposibilidade de facer asembleas.

Que medo teñen a preguntarlle as traballadoras o que queren asinar e o que non? Non é o normal cando vas a asinar un acordo que afecta a 4.000 traballadoras facer asembleas para que as traballadoras ratifiquen ou non dito acordo?

3. Parece claro que quen aceptou un primeiro borrador do acordo (con todas as eivas que tiña) estaba xogando a desarmar á parte social para poder conseguir un acordo mellor. Hai que lembrar que a CCOO e UGT xa lles valía o primeiro borrador, polo que todas as melloras conseguidas no texto se plasmaron a pesar deles que xa tiraran a toalla antes de comezar a negociación ao pactar o texto inicial coa empresa.

4. Tampouco se entenden as presas por asinar un acordo no verán, cando moita xente está de vacacións, a non ser que NON queira que o persoal opine e vexa que fraco favor fixeron a unha negociación que prometía máis si se facía fora do período vacacional e non cedendo ao principio da negociación.

Que presa había de asinar un acordo en agosto cando case estamos en outubro e o acordo non foi aínda publicado? Tiñan todo acordado coa administración antes de sentarse na mesa de negociación.

5. Enchéselles a boca de que con este acordo “por fin” as mulleres de Política Social teñen compensacións en descanso por traballar domingos e festivos. Pois NON, non é “por fin”, co V Convenio (que eles non asinaron) o descanso era do 75% da xornada, agora é do 50% da xornada, unha perda de dereitos evidente grazas a ELES.

Agora para xustificarse CCOO saca unha nota infantiloide dicindo: “Por unha vez o trastorno de identidade disociativo que padece a CIG lévaos a rectificar. ¡noraboa! o acordo que antes era moi malo agora xa é bo”.

E todo isto para xustificar que aceptaron un texto dende o minuto 1, querendo asinalo en vacacións e sen consultar coas persoas afectadas: de pena.

Outras novas recentes

Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...