Novas por contido

A Inspección insta á Xunta a entregar un protocolo de actuación fronte ao risco biolóxico no embarazo na Axencia Galega de de Servizos Sociais (AGASS).

Após a denuncia que interpuxemos as delegadas da CIG na Inspección de Traballo (ITSS) o 12 de marzo de 2026, a inspectora instou á Xunta a entregar un protocolo de actuación para protexer as traballadoras embarazadas fronte ao risco biolóxico nas escolas infantís da AGASS, xa que nas mesmas condicións de exposición a un risco de natureza biolóxica, as traballadoras do Consorcio están protexidas e as demais non.

A CIG logrou hai xa dez anos a protección das traballadoras embarazadas das escolas infantís do Consorcio fronte ao risco biolóxico no embarazo, após unha sentenza dun xulgado do social de Vigo, ratificada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG).

O servizo de prevención propio da Xunta e a xerencia da AGASS veñen de achegar o 27 de abril un protocolo de actuación para protexeren a saúde das traballadoras e da súa descendencia, xa que non existen postos exentos de riscos para o embarazo nas escolas infantís, dado que a natureza do risco está nas propias crianzas usuarias.

Segundo as directrices para a avaliación de riscos e a protección da maternidade no traballo do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT), no caso do citomegalovirus (CMV) están contraindicadas as probas de detección precoz de anticorpos nas traballadoras embarazadas, e é aconsellable limitar ao máximo o contacto con fluídos biolóxicos no embarazo no caso de seronegatividade xa que, do  contrario, non está garantida a protección fronte á reinfección ou a reactivación da infección. Non existe a vacinación, e a infección do feto, de consecuencias graves, está asociada coa infección materna.

A CIG pediu que o protocolo fronte ao risco sexa o mesmo para todas as escolas infantís da Xunta (AGASS e Consorcio), de xeito que recolla todas as categorías presentes nestes centros. A autoridade laboral incidiu tamén en reclamar esta cuestión. 

Teñen que protexer a saúde destas traballadoras, tanto do Consorcio como da AGASS, e tratar estes contratos de substitución como se fai cos contratos de persoal fixo descontínuo: unha vez que se reanuda un contrato (neste caso, cando hai un novo nomeamento) séguese a estar na situación protexida, evitando burocracias inútiles e o risco psicolóxico que se xera.

Por outra banda, imos solicitar que se modifique o decreto de listas para que concorde con esta nova situación. Os chamamentos polas listas de substitución non poden supoñer unha discriminación por razón de sexo para as mulleres, que son as que se atopan nesta circunstancia. Tamén é necesario que o Consorcio non se demore até varios meses en achegarlle á traballadora os documentos para tramitar a prestación, xa que a AGASS e a Mutua teñen unha previsión de espera para esta xestión de dez días, e así virá recollido no protocolo.

Outras novas recentes

Xoves, 01 Outubro 2026

A Xunta fabrica comisións de servizo: (con) concursos a contagotas e postos a dedo

Nestes días vanse dar máis postos en comisión de servizos que no concurso de traslados de corpos xerais. Remata un concurso de traslados de corpos xerais e volven dispararse as comisións de servizo. Nada novo baixo o sol da Administración da Xunta: dende o 16 de setembro de 2026 (día seguinte ao da resolución do concurso) xa se concederon 292 postos en comisión de servizo....
Xoves, 01 Outubro 2026

Publicación listas provisionais PSX e xerocultor/a

No DOG do 01/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servizos...
Martes, 06 Outubro 2026

A Consellaría da Lingua  mantén o abuso laboral do persoal lingüista e segue sen achegar os datos necesarios para negociar (xuntanza do 5...

A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade. O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40.  Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e...