Novas por contido

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a varias xuntanzas para o xoves 12/06/25 (Comisión de Persoal, Mesa Xeral e Mesa Sectorial), coas seguintes ordes do día:

Comisión de Persoal

  • Proposta de Acordo para o persoal adscrito ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza. Descargar

  • Proposta de modificación da RPT da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. Descargar

  • Proposta de Resolución pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos vacantes das escalas sociais (medicina, psicoloxía, pedagoxía, enfermaría, fisioterapia, traballo social, educador/a social, educador/a infantil, terapia ocupacional, educación infantil, gabernante/a, auxiliares de clínica). Descargar (inclúe bases e postos). Descargar

Mesa Xeral de Empregados/as Públicos/as

  • Proposta de convocatoria de proceso selectivo por acceso libre e promoción interna para ingreso nas categorías 14 (bombeiro/a forestal) e 14A (bombeiro/a forestal condutor/a) do grupo V. Descargar

  • Proposta de convocatoria de proceso selectivo por acceso libre e promoción interna para ingreso na categoría 100 do grupo III (xefe/a de brigada). Descargar

Mesa Sectorial de Persoal Funcionario

  • Proposta de convocatoria de proceso selectivo por acceso libre e promoción interna para ingreso na agrupación profesional de recursos naturais e forestais. Descargar

Indicar que a convocatoria e toda a documentación foi enviada aos sindicatos a media mañá do luns 9 de xuño, directamente para as xuntanzas que teremos o xoves 12, sen prazo para presentar alegacións.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...