Novas por contido

Teñen esta consideración os seguintes colectivos:

  • Embarazadas.
  • Persoal maior de 60 anos.
  • Persoal que desenvolva a súa actividade laboral en atención directa ao público e que, por motivos de saúde (trastornos inmunitarios, patoloxías crónicas previas...), estado biolóxico coñecido, poida ser especialmente sensible á exposición ou risco de infección.
  • Persoal con patoloxías concorrentes ou enfermidades crónicas. Neste grupo están as persoas diagnosticadas de: hipertensión arterial, diabetes, enfermidades cardiovasculares, enfermidades pulmonares crónicas, cancro, e inmunodeficiencias.
  • Persoal con fillo/a/s menor/es de idade ou con persoas dependentes a cargo.
  • Persoal que se determine en atención ás súas circunstancias persoais.

Fontes:

O Gabinete do conselleiro do Medio Rural informounos o mércores 18 de marzo de que o Servizo de incendios da Xunta de Galiza vaise mobilizar para formar parte do sistema de emerxencias de Galicia para loitar contra o COVID-19. Esta información foi corroborada en rolda de prensa polo Presidente da Xunta. 

Asemade, confirman que activarán esta función de apoio cando teñan todas as  garantías para protexer a saúde dos profesionais do servizo. A este persoal facilitaránselle as instrucións e os Equipos de Protección Individual (EPI) precisos.

Na CIG  hai tempo que vimos insistindo en que o SPIF ten a consideración de servizo de emerxencias, adicado principalmente á prevención e extinción de incendios pero que pode realizar outro tipo de tarefas de apoio no ámbito da multiemerxencia. Por iso, o pasado sábado día 14 dende a CIG solicitamos esta activación a través do PLATERGA.

Iremos informando de calquera novidade que vaia xurdindo, estaremos atentos á implantación de todas estas cuestións e por suposto da seguridade do persoal do servizo de incendios.

Para calquera dúbida ou cuestión que consideres non dubides en contactar cos/as delegados/as da CIG.

Achegamos unha relación de diferentes instrucións e protocolos de actuación ante o COVID-19, xerados por diferentes departamentos da Xunta de Galiza. Inclúe instrucións xenéricas, e outras que van destinada ao persoal da Adminsitración, e tamén por consellerías.

Instrucións xerais

Política Social

Medio Ambiente, Territorio e vivenda

  • Protocolo nos centros dependentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
  • Anexo I. Relación de teléfones e correos electrónicos para a atención aos administrados. Descargar
  • Anexo II. Medidas preventivas a aplicar ao persoal que desempeña funcións de carácter esencial en edificios e instalacións administrativas. Descargar.
  • Anexo III. Protocolo de limpeza de vehículos compartidos polo persoal nos distritos medioambientais e centros de recuperación de fauna. Descargar.
  • Anexo IV. Protocolo de actuación de inspectores ambientais. Descargar.
  • Establecemento das funcións de carácter esencial do persoal de Gardería Forestal e Ambiental e persoal destinados nos Centros de Recuperación de Fauna e Centros Ictioxénicos.. Descargar.

Infraestruturas e mobilidade

Educación

Medio Rural

Cara última hora do domingo 15 de marzo sairá publicada no DOG [xa publicado, ver ao final desta nova] unha resolución coas instrucións ao respecto, pero xa podemos avanzar parte do seu contido despois de manter contacto permanente con Función Pública:

RESUMO DAS MEDIDAS

1. Todas as persoas empregadas públicas que poidan teletraballar quedaranse na súa casa teletraballando.

2. Resto do personal que non poida teletraballar: quedarase na súa casa, SALVO que realice funcións esenciais.

As funcións esenciais son as seguintes:

  • Funcións desempeñadas polo persoal directivo.
  • Seguridade.
  • Mantemento de edificios.
  • Comunicación e outros servizos relacionados coas tecnoloxías da información.
  • Pagamento a proveedores.
  • Habilitacións.
  • Garderías forestal e ambiental, centros de recuperación da fauna e razas autóctonas.
  • As propias do servizo de gardacostas de Galiza.
  • Servizos de alertas sanitiarias en todas as súas modalidades.
  • Servizos de inspección de saúde pública.
  • Servizos de prevención e extinción de incendios de Galiza
  • Así como todas aquelas que determinen os órganos directivos por considerarse necesarias para garantír a continuidade das funcións básicas.

3. Se teñen que facerse presencialmente, estableceranse quendas e minimizaranse os riscos de contaxio laboral.

4. Todas as persoas empregadas públicas deberán estar localizables e deberán reincorporarse aos seus postos de traballo se se lles require.

5. Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de mas de seis unidades permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro das 10:00 ás 13:00 horas (non deberá acudir o persoal non docente).

6. Duración das medidas: mentres dure a situación extraordinaria.

Ademais recordamos: as anteriores instrucións dictadas por outros órganos que contradigan a esta quedan anuladas.

As persoas sensibles por razon de saúde ou embarazo ou fillos menores ou maiores dependentes a cargo, informarán á dirección da situación e quedarán na casa.

Queda excluído do presente acordo o persoal sanitario, o persoal dos centros de servizos sociais, o persoal de xustiza e o persoal de seguridade, protección civil e emerxencias, sen prexuízo das instrucións ou protocolos que nos devanditos eidos se poidan aprobar.

Se nos necesitas, estamos á túa disposición por internet: contactar coa CIG.

Editamos a información: xa se pode consultar no DOG a información anterior, e engadimos algunha máis.

  • Resolución pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19. Ir á Resolución do DOG do 15/03/20.
  • Resolución pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, declarada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do día 13 de marzo de 2020, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19. Ir á Resolución do DOG do 15/03/2020.
  • Medio Rural: Instrucións, protocolos e medios de contacto da Consellería durante a emerxencia sanitaria. Ir ás instrucións.
  • Política Social e Sanidade: Protocolo para os centros de servizos sociais. Ir ao protocolo

Despois de que a CIG lévase días reclamando aos responsábeis políticos da Administración Autonómica a convocatoria urxente dos comités de prevención de riscos laborais para tomar medidas e que nos preparásemos para o risco que supón a infección de COVID19, por fin a Xunta esperta e comeza a tomar conciencia da magnitude do problema.

O xoves 12 acudimos á xuntanza convocada polo director xeral de Función Pública. Subliñando o valor da información e fuxindo do alarmismo desmesurado, a CIG acolle as medidas propostas polos responsábeis da Administración, e que publicadas no DOG BIS do xoves12:

Como levarías traballar as 24 horas do día, 7 días consecutivos e sen posibilidade de sair do centro de traballo? E se ademáis eres o único habitante nunha illa?

O persoal laboral e funcionario que presta servizo no Parque Nacional Illas Atlánticas de Galiza, realiza quendas de 24 horas ao día durante sete días consecutivos. A estas singulares condicións de traballo en extremo illamento e penosidade recoñecida (conceptos sen repercusión na nómina), engádese as situacións habituais de soidade durante días.

O delegado de prevención da CIG acudiu a unha xuntanza coa dirección do Parque o martes 10/03/2020, por mor do incumprimento do Plan de Acción elaborado (no 2016) polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais, e o requirimento da Inspección de Traballo (setembro 2019).

A Xunta de Galiza aínda non tomou nengunha medida para protexer aos seus traballadores e traballadoras e as persoas usuarias

A pesar das multiples solicitudes de convocatoria dos comités de seguridade e saude laboral feitas pola CIG dende o 5 de marzo perante o potencial risco de infeccion do coronavirus a resposta da Xunta esta sendo completamente dilatoria. Como consecuencia o caos e improvisación é a tonica nos edificos administrativos e os centros de atencion social da Xunta.

Débese estremar xa a limpeza e desinfección en todos os centros de traballo, é urxente a contratación de persoal de reforzo e limpeza e un plan de traballo. Nin sequera se estableceron protocolos de limpeza específico, se instalaron dispensadores desinfectantes ou se fixeron nos centros as medidas organizativas e materiais de proteccion necesarias.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, conxuntamente coa Consellería do Medio Rural, publican no DOG do 11/03/2020 a Orde pola que establecen os elementos identificativos e de uniformidade da escala de axentes forestais, axentes facultativos/as ambientais e axentes técnicos/as en xestión ambiental de Galiza.

Unha semana antes, día 4 de marzo, e como se fose un circo e tomándonos por imbéciles, a conselleira de Medio Ambiente convocounos aos sindicatos ao "acto público de sinatura" que ian facer a conselleira de Medio Ambiente e o conselleiro do Medio Rural para asinar, eles dous, a Orde de uniformidade e identificación de axentes. Vamos, sacar unhas fotos cos sindicatos de fondo.

Non lembramos semellante desfachatez de ningunha consellería anterior de convocarnos a un acto destas características en plena precampaña eleitoral.

Alguén sensato nesa consellería debeu advertirlle que iso podería rematar na Xunta Electoral e finalmente dous días despois nos desconvocaron "por motivos de axenda".

Una pallasada a piques de rematar na Xunta Electoral.

No DOG núm. 48 Mércores do 11 de marzo de 2020 publícase a RESOLUCIÓN a convocatoria de actividades formativas en liña de apoio á preparación das probas selectivas para o acceso, pola quenda de promoción interna, a diversos corpos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ofertan catro actividades formativas dirixidas, cada unha delas, a apoiar a preparación das probas selectivas para o acceso, pola quenda de promoción interna, aos corpos superior, subgrupo A1; de xestión, subgrupo A2; administrativo, subgrupo C1; e auxiliar, subgrupo C2 da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo.

Pode participar unicamente o persoal empregado público que teña solicitado participar nas probas selectivas convocadas para o acceso aos corpos indicados na base primeira pola quenda de promoción interna e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse no prazo de sete días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Formulario de matrícula dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula

Será seleccionado para participar nas actividades convocadas mediante esta resolución todo o persoal empregado público que teña solicitado a participación nas probas selectivas para o acceso aos corpos indicados na base primeira desta resolución. Esta relación será contrastada coa información que facilite a Dirección Xeral da Función Pública.