- Detalles
A CIG súmase á convocatoria da manifestación que, na defensa dos servizos socias da comarca, convoca e impulsa o Comité de Empresa da Consellería de Traballo e Benestar da provincia da Coruña para o mércores 24 de abril ás 8 da tarde, con saída desde a Praza de España.
Denunciamos que xa se leva un tempo longo recibindo os ataques aos servizos públicos instalados na Comarca de Ferrol, primeiro coa privatización dunha parte importante da xestión do antigo CEE Carmen Polo, mediante a creación e externalización do Souto de Leixa, cunha cuantificábel perda de asistencias e unha diminución da calidade da prestación dos servizos para un sector da nosa poboación minoritario pero especialmente sensible.
Despois co desaloxo do centro de menores Soutomaior, baixo a escusa de unificar os dous centros existentes. O resultado foi a infrautilización do centro que contaba con instalacións máis modernas, e unha diminución tamén cuantificábel do número de rapaces e rapazas acollidos nas instalacións que a Consellería de Traballo e Benestar ten na comarca.
E agora coa vontade, por parte da mesma Consellería, de proceder á supresión da unidade de valoración da dependencia. Unha vez máis, baixo a escusa de reestruturacións técnicas do servizo se procede a eliminar outro servizo social.
- Detalles
Deixámosvos unha táboa cos cursos de formación continua que se van realizar no ano 2013. A medida que se vaia confirmando e ampliando a oferta formativa iremos actualizando a dita táboa para mantervos informados.
Se precisades ampliar información podedes facelo nos locais da CIG das vosas respectivas localidades e nas dependencias de forGA na que vos informarán sobre a forma de inscrición, prazos,... e calquera outra dúbida que poidades ter.
| Curso | Horas | Data | Comarca |
| Axentes Xudiciais Forestais | 30 horas | 13 de maio - 23 de maio | Compostela |
| Linguaxe administrativa - Nivel Medio | 75 horas | 3 de xuño - 5 de xullo | Compostela |
| Medios técnicos de protección e defensa contra incendios | 30 horas | 6 de maio - 23 de maio | Ourense |
| Linguaxe administrativa galega - Nivel Medio | 75 horas | 13 de maio - 25 de maio | Ourense |
| Sistema Operativo, búsqueda de información: Internet e correo electrónico | 9 de setembro - 20 de setembro | Pontevedra | |
| Aplicacións informática de tratamento de texto | 30 de setembro - 11 de outubro | Pontevedra | |
| Aplicación informáticas para presentacións: Gráficas de información | 18 de novembro - 29 de novembro | Pontevedra |
O prazo de preinscripción abrirase en breve a través da plataforma telemática do Forga.
- Detalles
No desenvolvemento do último comité de seguridade e saúdde de Medio Rural celebrado no mes de marzo, tomáronse os seguintes acordos:
1.- A CIG manifestou que a situación dos traxes desbotables (EPI) do persoal veterinario, que ía ser transitoria, está alongándose excesivamente no tempo e ocasiona numerosos inconvenientes no manexo (fan ruído, non protexen da auga e do frío) polo que insta a que se corrixa de inmediato (este feito xa fora denunciado no anterior comité). A administración indica que a limpeza da roupa está pendente do novo concurso e que é unha prioridade do novo subdirector de gandería.
- Detalles
No DOG do 11/03/2013 vense de publicar a convocatoria de dúas actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o persoal da Administración autonómica de Galicia:
-
Cursos de linguaxe administrativa galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Accede á convocatoria
-
Probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia. Accede á convocatoria
O prazo de presentación de ambas solicitudes comezará ás 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 22 de marzo de 2013 ás 14.00 horas. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es/matricula
- Detalles
Os cursos son convocados pola EGAP na modalidade íntegra de teleformación
No DOG do 07/02/2013 publicase a convocatoria de 2 edicións do curso de perfeccionamento de xefatura de sección e 4 do curso de perfeccionamento de xefatura de negociado.
Os cursos van dirixidos para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia pero existe un criterio de preferencia na selección para o persoal que xa ocupa un posto de sección ou negociado respectivamente. Este polémico criterio non impide pero si dificulta o exercicio da promoción profesional do persoal que non se atopa nun posto desas características.
- Detalles
No DOG 30/01/2013 publicase a convocatoria dos cursos de formación continua da EGAP correspondentes ao 1º semestre do ano 2013 para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
As solicitudes realizarase vía telemática na área de matrícula da páxina web da EGAP: http://egap.xunta.es. O prazo de presentación de solicitudes comezará o 31 de xaneiro ás 8:00h e rematará o 9 de febreiro ás 14:00h.
Podedes consultar o listado de cursos ofertados e as condicións da convocatoria na seguinte ligazón.
- Detalles
No DOG do 31/12/2012 publicouse o Plan de formación do persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013. Existirán diferentes contornos de aprendizaxe e metodoloxías, entre os que se atopan a autoformación, a teleformación e a docencia presencial.
A novidade este ano vén da man da autoformación. A diferenza, con respecto das actividades formativas en teleformación, é que o proceso de aprendizaxe non estará guiado pola figura do titor. Cómpre destacar que os coñecementos que se adquiran poderán certificarse mediante a superación dunha proba presencial voluntaria.
- Detalles
No DOG do 11/09/2012 publicouse a convocatoria da EGAP das probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Trátase dun total de 600 prazas que se dividen entre as diferentes accións formativas conducintes a obtención do título.
O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, hoxe 12 de setembro, e rematará o 17 de outubro de 2012 ás 14.00 horas. A matrícula realizarase por medios telemáticos na páxina web da EGAP.
- Detalles
A Plataforma galega na Defensa dos Servizos Públicos integrada por 18 organizacións sindicais con representación no sector público convoca concentracións o vindeiro xoves, 6 de setembro, diante dos principais centros públicos de traballo.
Para a Xunta de Galiza podes consultar aquí a hora e lugar exacto das concentracións:
| Localidade |
Hora |
Lugar |
Observacións |
| A Coruña | 11:00 | Edificio Administrativo de Monelos | |
| Compostela | 11:30 | Edificio Administrativo de San Caetano (diante da cafetaría) | Descargar cartaz |
| Ferrol | 11:00 | Residencia de maiores de Caranza | |
| Ferrol | 12:00 | Edificio Administrativo | |
| Ferrol | 11:00 | Residencia Arquitecto Marcide | |
| Ferrol | 11:00 | CAMF IMSERSO (Leixa) | |
| Ourense | 11:00 | Subdelegación do Goberno | Descargar cartaz |
| Ourense | 11:00 | Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU) | |
- Detalles
A oferta formativa específica INTERADMINISTRATIVA 2012 (dirixida a traballadores/as da Área Pública) acaba de abrir o seu prazo de preinscricións na plataforma www.forga.org.
Podes consultar a previsión de datas e lugares de execución dos cursos premendo na seguinte ligazón
Para preinscribirte nos cursos presenciais que che interesen da Federación correspondente, preme nas seguintes ligazóns:

