Novas por contido

No DOG do 14 de abril convócanse varias edicións dun curso de conducción de vehículos todoterro para persoal dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais. O curso terá unha duración de 9h e impartirase na Academia Galega de Seguridade sita no Concello de A Estrada en Pontevedra. Hai un total de 8 edicións con 20 prazas dispoñibles en cada unha.

As solicitudes faranse vía telemática a través da seguinte ligazón. O prazo para a presentación de solicitudes será de 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

Máis información

Logo da protesta da CIG-Autonómica o persoal sanitario da Xunta regulado pola lei 17/1989 poderá participar nas accións formativas da EGAP. O máis paradóxico é que a Escola de Formación do Sergas tampouco os viña considerando persoal propio e este colectivo ficaba en terra de ninguén en materia de formación por parte da Administración.

O 7 de abril  o director xeral de Función Pública comunicounos que se asinou un  convenio de colaboración entre a Fundación Pública Escola Galega de  Administración Sanitaria (FEGAS) e a Escola Galega de Administración  Pública (EGAP) para o Desenvolvemento de Actividades de Formación,  Divulgación e Investigación, co obxecto de facilitar que os funcionarios  da Lei 17/1989, de 23 de outubro de creación de escalas de persoal  sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma, poidan participar nos cursos  da EGAP.

Xa está dispoñible no web do forGA a programación dos cursos da CIG Administración Pública para este ano 2011. Estes cursos sectorias son a mairoría de modalidade presencial pero tamén os hai de teleformación. O periodo de preinscrición comeza o 5 de abril. Para preinscribirte deberás picar no enlace "preinscribete" do curso que che interese dos dispoñibles no seguinte enlace.

De momento están dispoñibles para preinscrición os cursos que se realicen de aquí a xullo. O resto subiránse máis adiante. Accede á programación completa nestoutro enlace.

No pasado ano 2010, o persoal sanitario da Xunta regulado pola Lei estatal 17/1989 (persoal funcionario sanitario non estatutario) non puido solicitar cursos da EGAP

O motivo debíase a que a EGAP non consideraba a este colectivo como persoal da Xunta e os excluía das convocatorias de cursos formativos. Paradoxalmente, o FEGAS (a Escola de Formación do SERGAS) tampouco lles permitía realizar cursos por non seren persoal estatutario do SERGAS. Xa no seu momento, a CIG solicitoulle á Dirección Xeral da Función Pública que se suprimise a dita exclusión para as convocatorias de cursos formativos da EGAP.

Non á amortización de 51 prazas no CEE Terra de Ferrol. Non á amortización de 148 prazas no SPDCIF. Na defensa dos servizos públicos. Concentracións o luns 21 de febreiro, ás 9:30h na EGAP-Compostela.

A CIG-Autonómica fai un chamamento a todos os traballadores públicos para concentrarse o vindeiro luns 21 de febreiro ante a EGAP con motivo da convocatoria da Comisión de Persoal onde a Xunta pretende amortizar 51 postos de traballo do Centro de Educación Especial Terra de Ferrol.

Do mesmo xeito Medio Rural ven de enviarnos a RPT da Consellaría onde se excluen 148 prazas de peóns e peóns conductores que pretenden amortizar, o cal implica a destrucción do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais.

 

O 16 de febreiro tivo lugar a Mesa Xeral na que a Xunta levou a proposta de amortizar 51 postos de traballo do Centro de Educación Especial "Terra de Ferrol". Estes postos de traballo “sobran” segundo a Xunta despois de que eles mesmos decidiran dividir xurídica e fisicamente un único o centro en dous, o "Terra de Ferrol", que quedaría como público, e o "Souto de Leixa", que sería privatizado.

No DOG de 10/02/2011 publícase a oferta de cursos de linguaxe administrativa galega da EGAP para o ano 2011, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Para acceder á información das distintas edicións dos cursos, premer nesta ligazón.


No DOG do venres, 14 de Xaneiro, fíxose pública a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega asi como cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (CELGA), a realizar nas Escolas Oficiais de Idiomas (EOI).

Os cursos de linguaxe administrativa galega van dirixídos ao persoal das diferentes Administracións Públicas galegas. No tocante aos cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, van dirixídos a persoas maiores de 16 anos, ou aqueles que os cumpran no ano natural da convocatoria, que desexen certificar a súa competencia en lingua galega.

A novidade para esta convocatoria, no tocante os cursos de linguaxe administrativa, é que a asingación de prazas será por rigoroso sorteo. Deste xeito, rematase por fin, e despois da denuncia da CIG-Autonómica, cos líos e as colas caracterísiticas destas convocatorias nas EOIs.

A Xunta ven de adxudicar a xestión privada de 4 centros públicos por 28.758.006 euros. A empresa Geriatros é a beneficiaria desta macroadxudicación da xestión das Residencias de Viveiro, Vimianzo, Monforte de Lemos e Ourense.

 

Dende a chegada do Partido Popular ao goberno da Xunta de Galicia a política unha cantidade inxente de cartos ten saído das arcas públicas cara a empresas privadas. O último exemplo é a concesión da xestión privada de Residencias de Maiores feitas con cartos públicos a empresas privadas.

Recentemente se publicou o Plan de Formación Continua da EGAP para o 2011 así como a oferta formativa para o primeiro semestre. As principais novidades para o ano que entra xiran ao redor do maior peso da teleformación e das línguas estranxeiras, na expedición de diplomas de aproveitamento, o recoñecemento da formación no posto de traballo e a sucesiva publicación dos temarios de procesos selectivos, entre outras.

COMO VAI SER A FORMACIÓN DA EGAP NO 2011

A EGAP vai facer a maioría da súa formación pola via on-line, con moito máis peso dos cursos de formación de longa duración (con certificación modular) e con aumento no peso das linguas. É precisamente neste campo no que se da a maior procura de formación polo persoal da nosa administración e onde as solicitudes en xeral duplican o número de prazas ofertadas. No próximo ano vai haber formación en: inglés, portugués, alemán, francés, italiano, chino, árabe e ruso (no futuro próximo probablemente se ampliará a oferta).

Outras novas recentes

Luns, 08 Xuño 2026

Caos nas listaxes de contratación

O venres 05/06/26 na Comisión de Persoal, dende a CIG, demos aviso de que as listas de contratación estaban resultando un caos, e que así o estaba reclamando o persoal a través de queixas por rexistro que nos están facilitando, xa que están recibindo chamadas para incorporarse no posto unha hora despois e senón serán penalizadas; e notificacións con coberturas que, en vez...
Xoves, 04 Xuño 2026

Escolas infantís: falta de previsión ou caos a sabendas

Será posible que ninguén pense nas crianzas e nas traballadoras? O persoal das escolas públicas de cero a tres anos, pendentes de incorporación aos novos postos o 1 de setembro, pregúntase como se van organizar para atender ás familias e ás crianzas no tempo que se establece na Resolución de adxudicacións de prazas que se publicou en marzo (na que se contemplan só tres días...
Xoves, 04 Xuño 2026

EGAP: convocatoria de actividades de formación continua do segundo semestre de 2026

No DOG do 04/06/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional. Convocan as actividades formativas que figuran no anexo II,...