- Detalles
Os Sectores Autonómicos de CCOO, CIG, CSI-F e UGT denunciamos a política privatizadora do Partido Popular no goberno da Xunta de Galiza.
O 3 de decembro de 2010 vaise celebrar unha Mesa Xeral de Negociación onde a Administración pretende destruír 19 postos de traballo nun centro emblemático no eido da Educación Especial como é o C.A.E.E Santiago Apóstolo da Coruña. Esta medida avanza a política que vai levar adiante o Partido Popular con relación aos Servizos Sociais públicos: desmantelamento progresivo, redución de persoal, e perda de calidade dos servizos prestados para logo xustificar a súa privatización. O Santiago Apóstolo xunto co centro Terra de Ferrol-Souto de Leixa, son as primeiras vítimas desta política consciente de abandono do Público. Esta política de inhibición na que se deixa esmorecer estes centros e se aposta por derivar aos usuarios a centros privados constituíndo un despilfarro de recursos públicos.
As Organizacións Sindicais CCOO, CIG, CSI-F e UGT, esiximos á Administración da Xunta que retire este punto da orde do día desta Mesa Xeral e que abra unha mesa de diálogo sobre o encaixe deste centro dentro do sistema público de Servizos Sociais.
- Detalles
Despois de ter solicitadas varias reunións coa Consellaría de Educación para abordar diversos temas, o pasado xoves mantivemos unha entrevista sobre os seguintes temas.
-
Persoal Coidador e comedores que non son de xestión directa da Administración: pódese chegar a unificar os criterios nas distintas provincias para regulamentar o papel do persoal coidadore respecto ao Plan Madruga e os comedores que non son de xestión directa por parte da Administración, caterings, etc.
-
Profesores de relixión e comités de empresa de peroal laboral Xunta: pódese chegar a excluir aos profesores de relixións do ámbito electoral do comité de Educación e que teñan o seu propio comité. Na CIG consideramos que a problemática específica deste colectivo, o estar fora do V Convenio, as particularidades da súa función docente, etc fai que non teñan cabida dentro do comité de Educación e que se distorsione a dinámica de traballo e a representatividade destes comités.
-
Terra de Ferrol-Souto de Leixa e Santiago Apóstol: Comunicamos á consellaría que de non dar marcha atrás no seu afan privatizador intensificaremos a loita e as mobilizacións contra a privatización destes servizos públicos. Tanto no Santiago Apóstol, que pasará a principios de ano á consellaría, como no Terra de Ferrol-Souto de Leixa, a idea, para Educación vai ser a de adecuar o persoal existente á demanda de servizos. Se non hai usuarios dos centros haberá que modificar as RPT's o que vai supoñer , unha vez máis, a amortización de prazas, coa consecuente recolocación do persoal laboral fixo e o despedimento do persoal laboral temporal. Despois da división dos centros e de derivar aos nenos a centros privados queda claro que a intención do PP é facer minguar os servizos públicos e facilitar o negocio a empresas privadas.
- Detalles
- Detalles
Xunta co Xefe Territorial da Coruña de Traballo e Benestar
O xoves 14 de outubro houbo unha concentración, convocada polo Comité de Empresa da antiga Vicepresidencia, diante do Complexo xuvenil das Mariñas. O obxectivo era protestar pola decisión da consellaría de contratar un 'catering' privado no canto de contratar persoal tirando das listas de substitución ou ampliando os contratos por acumulación de tarefas dada a prolongación da actividade do centro e a necesidade de cubrir ao persoal que está de vacacións.
Despois da concentración unha representación da CIG desprazamonos á Consellaría para entregar 50 folios con aproximadamente 200 sinaturas de protesta contra esta decisión da Consellaría. Unha vez no edificio e, para entregar as sinaturas e pedir información oficial sobre as noticias aparecidas na prensa e que se tiña dado ao Comité, solicitamos unha entrevista co Xefe Territorial.
- Detalles
O Consello Galego de Relacións Laborais lanza a convocatoria da 21ª edición do Curso Superior de Relacións Laborais.
O 08/09/2010 foi publicado no DOG a convocatoria dunha nova edición do Curso Superior de RRLL (220h). Este curso diríxese a todas as persoas que están interesadas en adquirir unha formación e/ou actualización nas materias laborais en xeral, facilitando a súa capacitación para resolver as cuestións suscitadas polas relacións laborais e a xestión de recursos humanos e, en especial, ás persoas licenciadas en dereito, ciencias económicas e empresariais, ou a diplomados/as en relacións laborais, responsables de recursos humanos, xefes/as de relacións laborais, asesores/as e cadros das organizacións sindicais e empresariais, etc.
O curso ten a equivalencia de título propio pola Universidade de Santiago de Compostela e está organizado polo Servizo de Posgrao e Terceiro Ciclo. A inauguración do curso terá lugar o 12 de novembro de 2010 e rematará o 10 de xuño de 2011. As clases impartiranse nas aulas da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela e o horario normal de actividades será en sesión de tarde, desde as 16.30 ata as 20.30 horas. O prazo de admisión de solicitudes de inscrición comezará o 1 de setembro e rematará o 30 de setembro de 2010.
- Detalles
No DOG do 05/08/2010 publicase a resolución pola que se oferta un curso de cualificación específica para o persoal da Consellería de Traballo e Benestar destinado nas oficinas de emprego, nos servizos de formación e colocación das xefaturas territoriais e na Dirección Xeral de Formación e Colocación.
O obxectivo deste curso é afondar no coñecemento das políticas activas de emprego desenvolvidas polo SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia) e dotar ao seu persoal dunha formación específica que lle facilite a competencia e capacitación necesarias para o posterior desempeño da súa actividade profesional.
- Detalles
No DOG do martes 27 de xullo de 2010, faise pública a convocatoria de cursos de formación continua da EGAP, correspondente ao 2º semestre do ano 2010, para o persoal laboral e funcionario da Xunta de Galiza.
O persoal que desexe participar nos cursos deberá cubrir o formulario de solicitude telemática na páxina web da EGAP, http://egap.xunta.es/matricula , non sendo admisíbeis outros modelos de solicitude.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 5 de setembro de 2010.
O número máximo de cursos en que se pode participar nesta convocatoria é de cinco (5).
- Detalles
No DOG do 09/02/10 publicase a convocatria do curso superior de administración electrónica que se vai inaugurar o 26 de febreiro
.-PRAZAS: 64
.-DESTINATARIOS: Empregados públicos da administración autonómica, local, de xustiza e das universidades.
.- REQUISITOS:
- Detalles
O dog do 03/02/10 publica a convocatoria dos cursos de linguaxe administrativa galega a celebrar nas EOI.
.- QUENDAS: Febreiro/marzo 2010 e outubro 2010
.- SOLICITUDES: segundo Anexo I do DOG. Presentarase na EOI onde teña lugar o curso solicitado.
- Detalles
O DOG do 05/02/2010 publica a convocatoria das probas para obter os certificados de lingua galega.
- 3 convocatorias: maio 2010 ( para Galicia); outubro 2010 ( para América) e novembro 2010 ( para Galicia, resto España e Europa)
- Requisitos: ser maior de 16 anos ou cumprilos antes do remate do 2010
Outras novas recentes
Proba piloto de Avaliación de Desempeño: repetimos a chapuza dos tempos de Fraga?
Recibimos unha chamada do Sr. Barreiro, actual director xeral de Simplificación Administrativa e anterior de Función Pública, para informarnos que van facer unha proba piloto para experimentar coa futura avaliación do desempeño das persoas traballadoras da Administración Autonómica. Resulta que en Simplificación Administrativa tiveron a xenial e marabillosa idea de “elixir”...A Administración actúa como polo sen cabeza coas tomas de posesión
