Novas por contido

No DOG do 25/04/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2022 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro electrónico na Xunta de Galiza.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 3 de maio de 2022.

No DOG do 25/04/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 8 de abril de 2022 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade.

- RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 8 de abril de 2022, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galiza.

No DOG do 25/04/2022 publican a RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 8 de abril de 2022, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas.

No DOG do 22/04/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2022 pola que se convocan actividades de formación continua en materia de economía pública.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 26 de abril de 2022.

No DOG do 21/04/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2022 pola que se convoca o Curso superior sobre o Plan xeral de contabilidade.

O prazo para inscribirse estará aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do 29 de abril de 2022.

No DOG do 20/04/2022 publican a RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran con carácter provisional as persoas aspirantes admitidas e excluídas e as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega no concurso‑oposición para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), convocado mediante a Resolución do 24 de novembro de 2021.

As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do motivo de exclusión, e os/as declarados/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

No DOG do 19/04/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2022 pola que se convoca o Curso superior en ciberseguridade.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 21 de abril de 2022.

No DOG do 18/04/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada.

- RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala superior de saúde laboral, subgrupo A1, do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial.

- RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

No DOG do 18/04/2022 publican a RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2022 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de letrados.

Amplían o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo en vinte dias hábiles.

No DOG do 12/04/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2022 pola que se convoca o curso monográfico Economía política e estabilidade orzamentaria.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do 18 de abril de 2022.

Outras novas recentes

Luns, 21 Setembro 2026

Non á perda da axuda dos 180 € tras a estabilización

A CIG vén de solicitar a Función Pública que aquel persoal que supere un proceso de estabilización e que teña recoñecida a axuda por persoa con discapacidade do artigo 35 do V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza non deixe de percibila. Entendemos que, como xa pasou co persoal laboral que se funcionarizou, o persoal que estabilizou deixará de percibir esta axuda e cando...
Luns, 14 Setembro 2026

A CIG denuncia que a Xunta precariza o persoal formador en lingua galega

O deber legal de capacitar o persoal público en galego non pode depender de convenios temporais nin asentarse na precariedade laboral A CIG esixe a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, ao que a Xunta duplicou a carga de traballo dende o  1 de setembro. A sobrecarga pon en risco os...
Martes, 15 Setembro 2026

A Xunta de Galiza discrimina na carreira profesional ás súas traballadoras en redución de xornada por conciliación

A CIG denuncia que Facenda, por aforrar 2 pesos, incumpre toda a normativa de igualdade situándonos na prehistoria dos dereitos das mulleres traballadoras.Traballadoras da Xunta de Galiza veñen de ver  denegado o grao de carreira profesional por non acadar o tempo necesario para a súa concesión, alias a súa antigüidade na Administración fora máis que suficiente. Unha vez...