Novas por contido

No DOG do 22/09/2022 publican a RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2021 da lista para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala de axentes facultativos ambientais da Xunta de Galiza.

As puntuacións totais das persoas integrantes das listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Listas de contratacion>.

No DOG do 22/09/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2022 pola que se convoca o Curso Lei xeral orzamentaria.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 do día 26 de setembro de 2022.

No DOG do 22/09/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2022 pola que se convoca o Curso superior sobre auditoría no sector público.

O curso diríxese ao persoal empregado público dos subgrupos A1 e A2 que presten servizos no Consello de Contas, na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma (IXCA) e nas intervencións das entidades locais de Galiza.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do 27 de setembro de 2022.

No DOG do 20/09/2022 publican a RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo para a provisión, mediante contrato laboral temporal, dunha praza de titulado/a superior xestor de proxecto (proxecto HIBA).

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles desde o día seguinte ao da súa publicación oficial.

No DOG do 20/09/2022 publican a RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2), convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Fan pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto nas bases II.2 e II.2.6 da convocatoria.

No DOG do 16/09/2022 publican a RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulado/a superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

 

No DOG do 16/09/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala superior de saúde laboral, subgrupo A1, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 16/09/2022 publican a RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo pola quenda de acceso libre.

O segundo exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre, terá lugar o día 23 de setembro de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas salas 2, 6, 7, 11 e na sala de exposicións da Escola Galega da Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, rúa Madrid 2-4, en Santiago de Compostela.

No DOG do 15/09/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 225, do 26 de novembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o de grao medio, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 225, do 26 de novembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Fan pública, como anexos a estas resolucións, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes.

No DOG do 15/09/2022 publican a RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican, tal e como exixe a base II.1.2.7 da convocatoria, as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, no portal web da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...