Novas por contido

No DOG do 10/10/2022 publican a RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, do persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Fan pública, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas.

No DOG do 10/10/2022 publican a RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2 escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.2 da convocatoria.

No DOG do 07/10/2022 publican a RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a contratación temporal de persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala de axentes facultativos ambientais da Xunta de Galiza.

As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de listas de contratación; no Servizo de Atención e Información á Cidadanía, a través do teléfono 012 e nas oficinas de Rexistro e Atención á Cidadanía da Xunta de Galiza (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Turismo).

No DOG do 07/10/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2022 pola que se convocan cursos de formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.

Poderá participar na acción formativa convocada mediante esta resolución o persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención dos centros de traballo da provincia de Ourense que aparecen no anexo II, que son:

Persoal dos equipos: de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención dos seguintes centros de traballo:

• Servizo de Mobilidade, Ourense.

• Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental, Ourense.

• Servizo de Patrimonio Natural, Ourense.

• Distrito Ambiental XII, Ourense.

• Oficinas de emprego do Carballiño, Ribadavia, Celanova, Xinzo de Limia, Verín e A Pobra de Trives.

• Oficinas agrarias comarcais do Carballiño, Ribadavia, Celanova, Maceda, Castro Caldelas, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Xinzo de Limia, Verín e A Gudiña.

• Centros sociocomunitarios do Carballiño, Ribadavia, Celanova, O Barco de Valdeorras, Verín, Xinzo de Limia e Petín.

No DOG do 06/10/2022 publican o ACORDO do 30 de setembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade dun novo aspirante que superou o proceso selectivo.

Ese tribunal acorda facer pública, como anexo a esta resolución, unha persoa aspirante que superou o proceso selectivo, coa puntuación obtida.

No DOG do 06/10/2022 o Consello da Cultura Galega publica a RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2022 pola que se anuncia a convocatoria de axudas de acción social para o persoal laboral desta entidade para o exercicio de 2022.

No DOG do 05/10/2022 publican a RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2022 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Amplían o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, en vinte días hábiles.

No DOG do 05/10/2022 publican a RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2022 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019 (DOG número 80, do 26 de abril), e no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019 (DOG número 80, do 26 de abril).

Respecto da quenda de promoción interna, ás persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñesen desempeñando con carácter definitivo, sempre que figure na relación de postos de traballo aberto ao corpo da Administración xeral a que acceden.

Publican como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos e que, segundo a base IV.6 das respectivas convocatorias, son convocadas á elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación das bases das convocatorias, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas a subgrupo ao que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

No DOG do 05/10/2022 publican a RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o grao medio, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado mediante a Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 225, do 26 de novembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Fan pública, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentaren a documentación prevista na citada base.

No DOG do 05/10/2022 publican a RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de acceso libre e de estabilización para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

Terá lugar o día 15 de outubro de 2022 no salón de actos da Facultade de Dereito, en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...