- Detalles
No DOG do 07/05/2021 publican o nomemento, como persoal funcionario en prácticas do corpo superior, subgrupo A1, escala superior de finanzas, das persoas que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.
- Detalles
No DOG do 07/05/2021 publican a regulación do período de prácticas das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.
- Detalles
No DOG do 07/05/2021 aproban a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Xunta de Galiza, convocado pola Resolución do 25 de novembro de 2019
- Detalles
Segundo nos informan do Servizo de Listas de Contratación Temporal, no DOG do vindeiro martes 11 de maio, publicarase a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2020 das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.
- Detalles
No DOG do 06/05/2021 a EGAP convoca varios cursos da área de coñecemento da Consellaría de Política Social, para o persoal ao servizo da Xunta de Galiza e da Administración local no eido social.
O prazo de presentación de solicitude é desde o 07/05/2021 ao 14/05/2021.
- Detalles
No DOG do 05/05/2021 publican o nomeamento, como persoal laboral fixo na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a de cociña), do grupo V, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017. Tamén adxudican os destinos provisionais.
O prazo de toma de posesión é dun mes a partir do 10/05/2021.
- Detalles
No DOG do 05/05/2021 publican o nomeamento, como persoal laboral fixo na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante de cociña), do grupo V, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018. Tamén adxudican os destinos provisionais.
O prazo de toma de posesión é dun mes a partir do 10/05/2021.
- Detalles
No DOG do 04/05/2021 proceden ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV da Xunta de Galiza, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017. Tamén adxudican os destinos provisionais.
O prazo de toma de posesión é dun mes a partir do 10 de maio de 2021.
- Detalles
No DOG do 03/05/2021 publican o nomeamento como persoal funcionario de carreira na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual. Tamén adxudican os destinos provisionais.
Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, deben cumprir os requisitos que se mencionan e tomar posesión no prazo dun mes a contar desde o 10/05/2021.
- Detalles
No DOG do 03/05/2021 fan públicas as puntuacións e o resultado das alegacións da cuarta proba do proceso selectivo para ingresar no corpo facultativo de grao medio da escala especial da Administración xeral, especialidade de enxeñaría técnica forestal.