- Detalles
No DOG do 26/05/2021 publican a ampliación, en vinte días hábiles, do prazo de realización do segundo exercicio das seguintes oposicións:
- proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o grao medio, de persoal laboral fixo
- proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral, subgrupo A2
- proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral (subgrupo A2)
- proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral
- Detalles
No DOG do 26/05/2021 a EGAP convoca as xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro electrónico na Xunta de Galiza.
- Detalles
No DOG do 25/05/2021 publican a relación de aspirantes que superaron a oposición do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.
- Detalles
No DOG do 24/05/2021 publican a baremación definitiva da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.
- Detalles
No DOG do 21/05/2021 establecen as bases que rexerán o proceso de elaboración das listas propias de AGACAL para a contratación temporal de persoal investigador e se abre o prazo de presentación de solicitudes en 2021.
O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación no DOG.
- Detalles
No DOG do 21/05/2021 convocan o proceso selectivo para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional, do persoal laboral fixo de varias categorías pertencentes ao grupo V.
O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG.
- Detalles
No DOG do 21/05/201 convocan o proceso selectivo para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V.
O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG.
- Detalles
No DOG do 21/05/2021 publican diversos acordos en relación co proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o de grao medio, do persoal laboral fixo.
- Detalles
No DOG do 21/05/2021 publican diversos acordos en relación ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.
- Detalles
No DOG do 21/05/2021 publican a elevación a definitivas das cualificacións obtidas nas probas tipo test (feitas públicas pola Resolución do 24 de marzo de 2021) do proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira dos subgrupos A2, C1, C2, grupo B e da escala de persoal subalterno da agrupación profesional, do persoal laboral fixo de diversas categorías.
Tamén publican a baremación provisional da fase de concurso.
