- Detalles
No DOG do 14/03/2022 o Parlamento de Galiza publica o ACORDO do 3 de marzo de 2022 polo que se pon fin ao proceso selectivo para o ingreso, mediante oposición libre, nunha praza do corpo de letradas e letrados.
Finaliza o proceso selectivo para o ingreso, mediante oposición libre, nunha praza do corpo de letradas e letrados do Parlamento de Galicia e declarao deserto.
- Detalles
No DOG do 14/03/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2022 pola que se convoca o webinario Proposta dun novo modelo de emprego público.
O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 20 de marzo de 2022.
- Detalles
No DOG do 14/03/2022 publican a RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 10 de marzo de 2022 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Turismo.
Aproban a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Turismo nos termos que se sinalan no anexo a ese acordo, como consecuencia da aprobación do Decreto 1/2022, do 13 de xaneiro, polo que se crea a Delegación Territorial da Xunta de Galiza en Ferrol (DOG núm. 10, do 17 de xaneiro).
- Detalles
No DOG do 11/03/2022 publican a RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor de motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG número 44, do 4 de marzo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.
Publican os resultados obtidos polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo no portal web da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal
De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, superaron o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron un resultado de apto/a.
- Detalles
No DOG do 10/03/2022 a Axencia de Turismo de Galiza publica a RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de catorce bolsas de formación práctica nas oficinas de información turística dependentes desta axencia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TU981A).
Nese DOG tamén publican o EXTRACTO da Resolución do 25 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de catorce bolsas de formación práctica nas oficinas de información turística dependentes desta axencia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TU981A).
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II da RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
O pagamento das bolsas realizarase por períodos mensuais vencidos.
- Detalles
No DOG do 04/03/2022 publican a RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1.
- Detalles
No DOG do 03/03/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2022 pola que se convoca o III Curso superior de inspección ambiental de Galiza.
O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 9 de marzo de 2022.
- Detalles
No DOG do 03/03/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2022 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galiza.
O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 9 de marzo de 2022.
- Detalles
No DOG do 01/03/2022 publican:
- RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas.
- RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas.
- RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.
A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexos ás resolucións.
- Detalles
No DOG do 28/02/2022 publican a RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o Acordo do 14 de febreiro de 2022, entre a Consellaría de Facenda e Administración Pública e a Consellzría do Medio Rural, polo que se encomendan a esta última determinados actos de xestión das listas de contratación temporal de persoal laboral ou para o nomeamento de persoal interino de prazas reservadas a persoal funcionario de corpos ou escalas equivalentes dedicado ás tarefas de prevención de incendios forestais.
Refírese ás seguintes categorías de persoal laboral dedicadas as tarefas de prevención de incendios forestais ou corpos ou escalas de persoal funcionario declaradas equivalentes no anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro:
I 038 Técnico/a superior defensa contra incendios forestais
II 039 Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais
III 100 Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada
IV 032 Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais
IV 033 Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba
IV 037 Oficial/a 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais
V 10A Vixilante móbil defensa contra incendios forestais
V 10B Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais
V 10C Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios
V 014 Bombeiro/a forestal
V 14A Bombeiro/a forestal condutor/a

