Novas por contido

No DOG do 23/06/2022 publican a RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2022 pola que se convoca o webinario A Lei 8/2021, do 25 de febreiro, de modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galiza.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 28 de xuño de 2022.

No DOG do 23/06/2022 publican o DECRETO 113/2022, do 16 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellaría de Facenda e Administración Pública.

No DOG do 20/06/2022 publican a RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 225, do 26 de novembro), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Fan pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto nas bases II.2 , II.3 e II.5 da convocatoria.

No DOG do 20/06/2022 publican:

- DECRETO 108/2022, do 16 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galiza.

- DECRETO 109/2022, do 16 de xuño, polo que se modifica o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellaría do Medio Rural e se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellarías da Xunta de Galiza.

No DOG do 17/06/2022 publican a RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2022 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala técnica de estatísticos.

A relación de persoas admitidas pódese consultar no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe «concurso de traslados». Todas as persoas participantes están admitidas.

No DOG do 17/06/2022 publican a RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2.

O obxecto do proceso selectivo será cubrir noventa (90) prazas, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, (subgrupo A2), correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2021, á cal se acumulan as provenientes da oferta de 2020.

O sistema selectivo será o de oposición.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

No DOG do 16/06/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2022 pola que se anuncia a adxudicación de 33 bolsas de formación en biblioteconomía mediante a formación apoiada por titores en diversos centros bibliotecarios, convocadas pola Orde do 30 de decembro de 2021 (DOG número 23, do 3 de febreiro de 2022).

- RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se procede á publicación das bolsas concedidas en virtude da Orde do 16 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao programa 2022 (código de procedemento CT110A).

No DOG do 15/06/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2022 pola que se convoca o curso superior de Administración electrónica.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 31 de xullo de 2022.

 

No DOG do 15/06/2022 publican:

- ORDE do 30 de maio de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca a XXV edición do Premio Manuel Colmeiro para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galiza (código de procedemento PR771A).

- EXTRACTO da Orde do 30 de maio de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca a XXV edición do Premio Manuel Colmeiro para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia (código de procedemento PR771A).

A dotación económica do premio é de 3.500 euros, que estará suxeita á correspondente retención fiscal. Tamén se lle entregará á candidatura gañadora un diploma acreditativo de tal condición.

O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos comezará coa entrada en vigor desta orde e finalizará o 15 de outubro de 2022.

No DOG do 10/06/2022 publican a RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2022 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...