Novas por contido

No DOG do 27/05/2021 publican diversos acordos do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina da Administración xeral, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019.

No DOG do 27/05/2021 publican a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional, resultado da actualización das listas de substitucións para postos de traballo de persoal funcionario da escala de saúde pública e admionistración sanitaria (Lei 17/1989).

No DOG do 27/05/2021 publican diversos acordos do proceso selectivo para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde de 4 de novembro de 2019.

 

No DOG do 26/05/2021 publican a ampliación, en vinte días hábiles, do prazo de realización do segundo exercicio das seguintes oposicións:

- proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o grao medio, de persoal laboral fixo

- proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral, subgrupo A2

- proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral (subgrupo A2)

- proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral

No DOG do 26/05/2021 a EGAP convoca as xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro electrónico na Xunta de Galiza.

No DOG do 25/05/2021 publican a relación de aspirantes que superaron a oposición do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.

No DOG do 24/05/2021 publican a baremación definitiva da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.

No DOG do 21/05/2021 establecen as bases que rexerán o proceso de elaboración das listas propias de AGACAL para a contratación temporal de persoal investigador e se abre o prazo de presentación de solicitudes en 2021.

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación no DOG.

No DOG do 21/05/2021 convocan o proceso selectivo para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional, do persoal laboral fixo de varias categorías pertencentes ao grupo V.

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG.

No DOG do 21/05/201 convocan o proceso selectivo para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V.

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG.

Outras novas recentes

Venres, 24 Xullo 2026

Axudas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral por redución da xornada de traballo

No DOG do 24/07/2026 publican a ORDE do 9 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da corresponsabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021- 2027, e se convocan para o ano 2026...
Luns, 27 Xullo 2026

Nomeamento como persoal funcionario dos subgrupos A1, A2, C1, C2, persoal subalterno e apertura do prazo posesorio

No DOG do 27/07/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244,...
Xoves, 23 Xullo 2026

Zasca do Tribunal Supremo! á carreira profesional (ST 636/2026)

O que Xunta, CCOO e UGT che quitaron a CIG devólvecho nos xulgados Mentres a CIG gastaba tapas de zapato nos xulgados defendendo a dignidade do persoal laboral que obrigaban a funcionarizarse para cobrar a carreira profesional, os do "pacto da foto" (Xunta-CCOO-UGT) dicíannos de todo menos "bonitos/as" diante das traballadoras e dos traballadores. Axeonlláronse diante da...