Novas por contido

No DOG do 20/12/2021 publican:

- RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2021, do tribunal cualificador do proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulado/a superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio no portal web corporativo, funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 20/12/2021 publican o DECRETO 165/2021, do 10 de decembro, polo que se modifica o Decreto 11/2021, do 21 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellaría de Facenda e Administración Pública.

No DOG do 17/12/2021 publican a RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura temporal por persoal funcionario interino dun posto reservado á escala de mestres/as de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

As bases e condicións constan na páxina web da Consellaría do Mar http://mar.xunta.gal

No DOG do 17/12/2021 publican a RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca proceso selectivo de acceso libre e de estabilización para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

No DOG do 17/12/2021 publican a RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

No DOG do 17/12/2021 publican:

- RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidades de enxeñaría técnica agrícola, enxeñaría técnica forestal e enxeñaría técnica industrial, e escala de arquitectos técnicos.

- RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidades de enxeñaría técnica agrícola, enxeñaría técnica forestal e enxeñaría técnica industrial, e escala de arquitectos técnicos.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

No DOG do 17/12/2021 publican:

- RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidades de enxeñaría agronómica, enxeñaría de montes e enxeñaría industrial; escala de ciencias, especialidade de química, e escala de arquitectos.

- RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidades de enxeñaría agronómica, enxeñaría de montes e enxeñaría industrial; escala de ciencias, especialidade de química, e escala de arquitectos.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

No DOG do 16/12/2021 publican a RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se amplía o prazo máximo para presentar solicitudes establecido pola Resolución do 23 de novembro de 2021 pola que se acorda a apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servizos xerais (PSX), e do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de xerocultor/a (subgrupo C2).

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 23 de decembro de 2021.

No DOG do 16/12/2021 a EGAP convoca o Curso superior de técnico de urbanismo 2022/23.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 23 de decembro de 2021.

No DOG do 15/12/2021 publican o ACORDO do 2 de decembro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

O segundo exercicio do proceso selectivo non o supera ningunha das persoas aspirantes. Polo que procede declarar deserto o proceso selectivo ao non superar a fase de oposición ningunha das persoas aspirantes.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...