Novas por contido

No DOG do 30/07/2021 regulan o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza, e se aproba o modelo normalizado de solicitude (código de procedemento AP522U).

Esta orde será de aplicación ás listas únicas que se elaboren, ao abeiro da disposición transitoria segunda do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para a cobertura transitoria de postos reservados a persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e de entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galiza.

As persoas admitidas nas listas das categorías profesionais de persoal laboral funcionarizadas incluiranse nas listas únicas para a cobertura transitoria de postos de persoal funcionario nos corpos, escalas ou especialidades declaradas equivalentes no anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, nas condicións establecidas nesta orde.

As persoas integrantes das listas de contratación temporal de persoal laboral de categorías profesionais funcionarizadas interesadas en incluírse en listas en xestión de persoal funcionario dun corpo, escala ou especialidade declarados equivalentes, deberán presentar solicitude para a súa inclusión nelas, resultando admitidos sempre que cumpran os requisitos legais para o acceso ao corpo, escala ou especialidade correspondente.

No DOG do 28/07/2021 publican varios acordos do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG número 21, do 31 de xaneiro).

Entre outros acordos, anulan unha pregunta.

Feita a corrección acadaron a puntuación mínima de 15 puntos 129 aspirantes.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Xunta de Galiza, subgrupo A2, no portal web corporativo da Xunta de Galiza (funcionpublica.xunta.gal).

As persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou equivalente.

No DOG do 28/07/2021 publican diversos acordos do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG número 21, do 31 de xaneiro).

Entre outros acordos, anulan varias preguntas.

Feita a corrección en sesión do 14 de xullo de 2021, acadaron a puntuación mínima de 15 puntos un total de 23 aspirantes no conxunto de todas as quendas.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

De acordo co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, as persoas aspirantes que superasen o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación deste acordo no DOG, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o título equivalente.

No DOG do 28/07/2021 publican o DECRETO 111/2021, do 22 de xullo, polo que se modifica o Decreto 215/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellaría de Emprego e Igualdade.

No DOG do 27/07/2021 publican diversos acordos en relación ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade fisioterapia, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2.

Entre outros acordos, anulan varias preguntas. Acadaron a puntuación mínima de 30 puntos un total de 50 aspirantes na quenda de acceso libre e 1 aspirante na quenda de promoción interna.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade fisioterapia, da Administración especial de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

As persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo disporán dun prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do primeiro exercicio, que posuían o día da publicación desta convocatoria no DOG, o Celga 4 ou o título equivalente, para presentar a documentación xustificativa.

A Dirección Xeral da Función Pública publicará, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, unha listaxe de persoas aspirantes en que figurarán aquelas que, por ter acreditado a posesión do Celga requirido, en calquera procedemento cuxa competencia corresponda a esa dirección xeral, non teñen que presentar a documentación xustificativa da exención.

No DOG do 26/07/2021 publican dúas novas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.

No DOG do 23/07/2021 convocan concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala técnica de finanzas.

A solicitude deberá presentarse electronicamente a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG e ata o día 30 de agosto de 2021.

Os postos vacantes ofertados neste concurso publícanse no anexo desta resolución.

No DOG do 20/07/2021 publican as listas definitivas para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza de determinados grupos e categorías.

Fan públicas as listas definitivas para a contratación temporal de persoal laboral do grupo I, categorías 2 (médico e outras), 6 (titulado/a superior psicólogo/a) e 11 (titulado/a superior pedagogo/a); grupo II, categorías 2 (ATS e outras), 6 (educador/a. Profesor/a especial), 11 (fisioterapeuta), 17 (asistente social) e 20 (terapeuta ocupacional); grupo III, categoría 50 (técnico/a especialista en xardín de infancia), e grupo IV, categoría 3 (auxiliar de clínica e outras).

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de listas de contratación; no Servizo de Atención e Información á Cidadanía, a través do teléfono 012, e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galiza (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo).

As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición.

No DOG do 19/07/2021 publican:

- as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso convocado para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico (DOG nº 94, do 21 de maio de 2021)

-as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso convocado para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo de varias categorías pertencentes ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico (DOG nº 94, do 21 de maio de 2021)

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

No DOG do 16/07/2021 publican a modificación do anexo da Resolución do 12 de maio de 2021 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo de varias categorías pertencentes ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

Inclúen, eliminan e modifican varios códigos de postos.

Outras novas recentes

Mércores, 09 Setembro 2026

A CIG advirte do risco de colapso dos cursos de galego da EGAP

A Xunta asigna dous cursos simultáneos de teleformación ao persoal da Secretaría Xeral da Lingua, cuxos postos son a media xornadaA CIG esixiu á Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua para garantir os cursos de...
Mércores, 09 Setembro 2026

Modificación RPT; datas actos de elección destinos; SPIF; oficinas emprego; finanzas (CP 09/09/26)

Á Comisión de Persoal do mércores 9 de setembro, foi como único punto da orde do día a proposta de modificación de varios postos na Relación de Postos de Traballo (RPT) das consellerías de Emprego, Comercio e Emigración, e de Presidencia, Xustiza e Deportes, a causa da execución de sentenzas de persoas que reclamaron destino definitivo no posto que ocupaban en provisional....
Luns, 14 Setembro 2026

A CIG denuncia que a Xunta precariza o persoal formador en lingua galega

O deber legal de capacitar o persoal público en galego non pode depender de convenios temporais nin asentarse na precariedade laboral A CIG esixe a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, ao que a Xunta duplicou a carga de traballo dende o  1 de setembro. A sobrecarga pon en risco os...