Novas por contido

No DOG do 28/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidades de vixilancia de estradas e de mobilidade, convocado pola Resolución do 9 de abril de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 70, do 16 de abril).

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 25/09/2026 a FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALIZA publica o ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir unha praza de persoal.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 25/09/2026 a CONSELLARÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA publica a RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2026 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no concurso específico para a provisión de postos de traballo vacantes nesta consellaría.

A relación de persoas admitidas e excluídas figuran como anexos I e II, respectivamente, desta resolución e publicarase no portal web corporativo da Consellaría de Facenda e Administración Pública (https://www.conselleriadefacenda.gal/a-conselleria/transparencia/ concursos-especificos).

No DOG do 21/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2026 pola que se modifica a Resolución do 11 de setembro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 176, do 16 de setembro) pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1; no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo A2; no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo C1; e no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo C2, convocados polas resolucións do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 222, do 22 de novembro).

No DOG do 18/09/2026 a AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA publica o ANUNCIO do 11 de setembro de 2026 polo que se dá conta da publicación na páxina web desta axencia da Resolución do 13 de maio de 2026 pola que se abre un período de actualización de méritos e para a incorporación de novos aspirantes ás listas propias para a contratación temporal de persoal investigador.

De conformidade coa indicación previa, as bases do proceso de actualización das listas de contratación de persoal investigador atópanse dispoñibles no enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios da Axencia Galega da Calidade Alimentaria: https://agacal.xunta.gal/ gl/institucional/persoal

Establécese un prazo de presentación de solicitudes de incorporación ou actualización de méritos nas listas A e C de vinte días naturais, contados desde as 00.00 horas do día seguinte ao da publicación do anuncio da resolución no Diario Oficial de Galiza, ata as 23.59 do vixésimo día natural posterior.

No DOG do 18/09/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 31 de agosto de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 168, do 4 de setembro) pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 228, do 25 de novembro).

- RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 31 de agosto de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 168, do 4 de setembro) pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 228, do 25 de novembro).

A listaxe con estas modificacións poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

No DOG do 18/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación de persoas aprobadas, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para a presentación da documentación prevista na citada base. 

No DOG do 17/09/2026 a AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN publica a RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de dúas prazas de titulado/a superior, xestor de proxecto.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da súa publicación oficial.

No DOG do 17/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso‑oposición, para o ingreso na escala auxiliar de recursos naturais e forestais, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, pola que se fai pública a relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

A nova persoa aspirante que supera o proceso selectivo disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

No DOG do 17/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, e no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á escala técnica de mantemento de servizos.

A nova persoa aspirante que supera o proceso selectivo disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...