Novas por contido

No DOG do 23/12/2024 publican a RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se exclúe unha persoa aspirante do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza e no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo C1), e para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo B).

No DOG do 23/12/2024 publican as relacións de aspirantes que superaron os procesos de estabilización da Lei 20/2021 mediante o sistema de concurso-oposición:

- subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial

- subgrupo C1

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

No DOG do 23/12/2024 publican as baremacións definitivas da fase de concurso do proceso de estabilización da Lei 20/2021 mediante o sistema de concurso-oposición:

- grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, operador/a de ordenador (persoal Cixtec)

- grupo IV, categoría 21, de persoal laboral da Xunta de Galiza, oficial/a de segunda carpinteiro/a

- subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio

- agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo agrupacións profesionais, escala persoal de mantemento

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.

No DOG do 20/12/2024 a AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA publica a RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2024 pola que se nomea a persoa seleccionada no proceso selectivo extraordinario de estabilización, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso como persoal laboral fixo na praza de técnico/a licenciado/a en Ciencias Económicas referenciada no anexo II do Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galiza, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza.

No DOG do 20/12/2024 publican a baremación definitiva do concurso de estabilización da Lei 20/2021 de:

- grupo I. Cat. 40. Titulado/a superior lingüista

-  subgrupo A1. Escala de expertos lingüistas

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www. xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.

No DOG do 20/12/2024 publican a RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2024 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre convocado mediante a Resolución do 9 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 116, do 17 de xuño).

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 20/12/2024 publican a RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galiza, titulado/a superior lingüista, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.

No DOG do 20/12/2024 publican a relación de persoas que superaron o proceso selectivo de varios concursos-oposicións de estabilización:

- subgrupo A2, escala técnica de finanzas

- subgrupo C2, especialidade de arquivos e bibliotecas

- subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos

- escala auxiliar de recursos naturais e forestais, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade de Autónoma de Galiza

-  corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de camiños, canles e portos

- subgrupo A2, escala de técnicos/as facultativos/as, especialidade educador/a infantil

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

No DOG do 19/12/2024 publican a relación de aspirantes que superaron o concurso de estabilización da Lei 20/2021:

- escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en lexislación marítima

- escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima

- analista programador (persoal do Cixtec)

- analista xestor de contidos web (persoal do Cixtec)

- subgrupo A2:

  • corpo de xestión da Administración xeral
  • escala de xestión de sistemas de informática
  • escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade enxeñaría técnica industrial
  • escala técnica de facultativos. Especialidade enfermaría
  • escala técnica de facultativos. Especialidade traballo social
  • escala técnica de facultativos. Especialidade terapia ocupacional
  • escala técnica de facultativos. Especialidade educador social

- operador/a de ordenador/programador/a (persoal Cixtec)

- escala auxiliar de recursos naturais e forestais. Especialidade oficial

 

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www. xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

No DOG do 19/12/2024 publican varias relacións de aspirantes que superaron o concurso-oposición de estabilización da Lei 20/2021:

- corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade medicina

- corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axentes de extensión pesqueira

- o corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade navegación marítima

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/ funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Outras novas recentes

Mércores, 29 Abril 2026

Faltan prazas para os actos de elección de destino definitivo de corpos xerais?

Despois de terllo solicitado, a Xunta segue sen aportarnos o dato clave que falta: o número de prazas vacantes que se xeraron na fase de resultas do concurso. Na última mesa anunciaron que nos convocarían para dar unha explicación técnica sobre como van ordenar os procesos para evitar o problema de que puidesen quedar sen prazas para algúns corpos, pero polo de agora nin...
Xoves, 30 Abril 2026

Convocatoria oposicións Condución (C1 e C2) e Mantemento (C1 e C2) (MSF 04/05/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou aos sindicatos a unha Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario, na que se van tratar as seguintes convocatorias de procesos selectivos de acceso libre e promoción interna: - C1-Mantemento de servizos (6 prazas, da OEP 2024). Descargar- C2-Aux. de mantemento (20 prazas, das OEP 2024 e...
Venres, 24 Abril 2026

A CIG anima ás compañeiras da plataforma a seguir na loita pola dignificación da educación de 0 a 3 anos

Dende hai anos, a CIG sempre se posicionou a favor de todo tipo de accións e mobilizacións para conseguir melloras nas condicións laborais do persoal que traballa nas escolas infantís e tamén, consecuentemente, pola calidade do servizo público que se presta. Nos últimos tempos, e por mor da deriva privatizadora do Partido Popular, estase a tratar de igualar á baixa as...