Novas por contido

No DOG do 02/01/2025 publican a relación de aspirantes de determinadas especialidades do subgrupo A2 que superaron os procesos de estabilización da Lei 20/2021 polo sistema de concurso:

- Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade enxeñaría técnica agrícola

- Escala técnica de facultativos. Especialidade educador infantil.

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https:// www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33.1. da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

No DOG do 31/12/2024 REDES DE TELECOMUNICACIÓN GALEGAS RETEGAL, S.A. publica o ANUNCIO polo que se fai pública a designación como persoal laboral fixo das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos postos de técnico/a Cexar e técnico/a de campo da categoría de oficial de comunicacións/ auxiliar técnico/a de comunicacións do grupo V.

No DOG do 31/12/2024 a EMPRESA PÚBLICA DE SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS, S.A. publica a RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2024 pola que se propón a contratación das persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos extraordinarios de estabilización da Lei 20/2021 e da oferta pública de emprego 209/2022.

No DOG do 31/12/2024 a AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN publica a RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2024, da Comisión de Selección designada para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo I, categoría 4, no grupo II, categoría 7, e no grupo III, categoría 2, de persoal laboral fixo, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, a súa orde de prelación e a proposta de nomeamento.

No DOG do 31/12/2024 Augas de Galiza publica a RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría IV do grupo I, xefe de sección; na categoría I do grupo II, enxeñeiro/a técnico/a informático/a; e na categoría III do grupo IV, auxiliar administrativo/a, convocado polo Anuncio do 21 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 248, do 30 de decembro), pola que se publican a baremación definitiva da fase de concurso e a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ás ditas categorías.

No DOG do 31/12/2024 publican o DECRETO 199/2024, do 27 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público, para o ano 2024, do persoal sanitario funcionario ao servizo da Comunidade Autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas do persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma.

No DOG do 30/12/2024 publican as listaxes de persoas que superaron os procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021 por concursos-oposicións de:

- subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade educador/a social

-  subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio

-  grupo IV, categoría 21, de persoal laboral da Xunta de Galiza, oficial/a de segunda carpinteiro/a

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

No DOG do 30/12/2024 publican a RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades.

Modifican as baremacións definitivas da fase de concurso de educación infantil, a escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, e da escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal.

No DOG do 30/12/2024 a CORPORACIÓN RADIO E TELEVISIÓN DE GALIZA, S.A. publica a RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2024 pola que se acorda e se dá publicidade á oferta de emprego público correspondente ao ano 2024.

No DOG do 30/12/2024 a AXENCIA DE TURISMO DE GALIZA publican a RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2024, da Comisión de Selección encargada de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, da Axencia Turismo de Galiza, por concurso, pola que se aproba e publica a baremación definitiva das persoas aspirantes que superaron o proceso e se propón o seu nomeamento como persoal laboral fixo da entidade.

Outras novas recentes

Xoves, 18 Xuño 2026

EGAP: convocatoria de probas de avaliación para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix)

No DOG do 18/06/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2026 pola que se convocan as probas de avaliación para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) nos seus niveis de iniciación e intermedio para o persoal ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, da...
Martes, 16 Xuño 2026

Actualización definitiva de méritos das listas de substitucións da Xunta de Galiza

No DOG do 16/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2025 nas listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de...
Venres, 12 Xuño 2026

A CIG chama á mobilización por terra e por mar contra Altri e a mina de Touro-O Pino

Terá lugar o vindeiro día 14 de xuño, ás 12:00 h, na Illa de Arousa  VK_-RpfT6yk  Dende a CIG chamámosche á participación masiva na mobilización convocada polas plataformas Ulloa Viva, contra a mina de Touro e en Defensa da Ría de Arousa para o vindeiro día 14 de xuño.  A marcha de terra arrancará da praia do Vao, na Illa de Arousa,  ás 12:00 h, baixo o lema «Pola defensa...