Novas por contido

No DOG do 19/06/2025 a AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL publica a RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para a provisión, mediante contrato laboral temporal, dunha praza de titulado/a superior vinculada co Proxecto POCTEP Paisactivo-Paisaxes cortalumes: activación do espazo rural para un territorio resiliente, seleccionado polo Programa Interreg VI A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, para a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural dunha praza de titulado/a superior de apoio aos procesos de planificación estratéxica territorial.

O prazo para presentar as solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 19/06/2025 publican a RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2025, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 243, do 26 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Feita a corrección en sesión do 11 de xuño de 2025, publican as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba tipo test do proceso selectivo que se cita, no portal web da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal ás cales se pode acceder a través do seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion/convocatorias

No DOG do 19/06/2025 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 13 de maio de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 12 de maio de 2025 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellaría de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

No DOG do 18/06/2025 o PARLAMENTO DE GALIZA publica a RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2025 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo administrativo das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado por Acordo do 9 de abril de 2024.

No DOG do 17/06/2025 publican a RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso a determinados corpos, escalas e especialidades.

Fan pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nos corpos, escalas e especialidades do subgrupo C2 que se relacionan no anexo desta resolución.

De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria, e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren os documentos previstos na dita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

No DOG do 16/06/2025 a AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL publica a RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para a provisión, mediante contrato laboral temporal, dunha praza de titulado/a superior xestor/a do proxecto Down to Earth.

O prazo para presentar as solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 16/05/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

Declaran aptas as persoas participantes no período de prácticas a que se refire a base 3 da convocatoria deste proceso que figuran no anexo deste acordo, e que foron nomeadas funcionarias en prácticas en virtude da Resolución do 19 de marzo de 2025 (DOG núm. 55, do 20 de marzo).

- RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2025 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril).

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 16/06/2025 publican a RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2025 pola que se nomean na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal subalterno, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril).

Nomean persoal funcionario de carreira na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, escala de persoal subalterno, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos, segundo o disposto na base 4.6, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 16/06/2025 publican a RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza.

Fan pública a baremación definitiva complementaria do concurso de méritos no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que foron baremadas de acordo coas regras contidas na base III.3 da convocatoria.

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https:// www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

No DOG do 13/06/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2025 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.

- RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2025 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios.

Amplían o prazo de realización do segundo exercicio en 20 días hábiles.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...