Novas por contido

No DOG do 05/06/2025 o INSTITUTO TECNOLÓXICO PARA O CONTROL DO MEDIO MARIÑO DE GALIZA publica a RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2025 pola que se nomea persoal laboral fixo a persoa aspirante que superou o proceso selectivo para a cobertura definitiva de dous postos de titulado/a superior en química existentes no cadro de persoal laboral, pola quenda de acceso libre (27ª convocatoria).

No DOG do 05/06/2025 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2025 pola que se convoca formación en prevención de riscos laborais para o persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que ostente a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención do Edificio Administrativo de Monelos.

No DOG do 05/06/2025 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2025 pola que se convoca formación en prevención de riscos laborais para o persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención de diversos centros de traballo na cidade de Ourense.

No DOG do 04/06/2025 o Consello Económico e Social de Galiza publica:

- RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo 1 (dirección do Departamento de Xestión), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 246, do 28 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos:

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo do Consello Económico e Social: https://www.ces-galicia.org

- RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo 1, dirección do centro de documentación e apoio ao consello, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (anunciada no Diario Oficial de Galiza número 246, do 28 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos:

A baremación definitiva obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo do Consello Económico e Social: https://www.ces-galicia.org. Fan pública, de acordo co disposto na base V.2 da convocatoria, a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo. A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo do Consello Económico e Social: https://www.ces-galicia.org. Propoñen o nomeamento como persoal laboral fixo da persoa aspirante que superou o proceso selectivo e que figura no anexo III desta resolución.

No DOG do 03/06/2025 REDES DE TELECOMUNICACIÓN GALEGAS RETEGAL, S.A.  publica o ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a provisión por promoción interna de vacante do posto de coordinador/a de administración do nivel 2 do grupo xeral do cadro de persoal (titulado medio).

O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 03/06/2025 publican a RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2025, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de análise de laboratorio, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican os resultados do segundo exercicio.

No DOG do 03/06/2025 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 13 de maio de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza, do 12 de maio de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral e de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

No DOG do 02/06/2025 publican a RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2025, pola que se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo, convocado por Orde do 31 de marzo de 2017 (DOG número 69, do 7 de abril).

De conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte (20) días hábiles.

No DOG do 02/06/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2025 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspectoras e inspectores de consumo, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, de 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro).

- RESOLUCIÓN do 28 de maio do 2025 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG número 26, do 7 de febreiro).

Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás que se refiren os anexos destas resolucións deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 02/06/2025 publican a RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento da xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e de axentes de extensión pesqueira.

O prazo habilitado para presentar a solicitude de elección de postos de traballo e xustificar a posesión de méritos e requisitos será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, concretamente desde o 3 ao 23 de xuño de 2025.

Durante o prazo indicado no punto primeiro as persoas concursantes poderán solicitar por orde de preferencia os postos ofertados no anexo I da resolución de convocatoria, aos cales se engadirán as potenciais resultas consecuencia das solicitudes de participación presentadas. A relación de postos ofertados en resultas publicarase na web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no enderezo https://www. xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...