- Detalles
No DOG do 16/04/2025 publican a RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais.
O segundo exercicio da oposición terá lugar o 22 de abril de 2025, ás 15.30 horas, en chamamento único, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
- Detalles
No DOG do 16/04/2025 publican a RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2025 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, da persoa aspirante que superou o proceso selectivo de acceso libre convocado mediante Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril).
Nomean persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, a persoa aspirante aprobada que se relaciona no anexo desta resolución.
Oposicións veterinaria, auxiliar laboratorio e xerocultura: data, hora e lugar do primeiro exercicio
- Detalles
No DOG do 16/04/2025 publican:
- RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2025 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado por Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Ofical de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 26 de abril de 2025, en chamamento único, que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos e nas aulas 1, 6, 7 e 9 da facultade de Dereito de Santiago de Compostela.
- RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado por Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 26 de abril de 2025, en chamamento único, que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos e nas aulas 1 e 9 da facultade de Dereito de Santiago de Compostela.
- RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de laboratorio, convocado mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 27 de abril de 2025, en chamamento único, que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos e nas aulas 1, 6 e 7 da facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
- RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de xerocultor/a, convocado mediante oResolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 27 de abril de 2025, en chamamento único, que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos e nas aulas 1, 6 e 7 da facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
- Detalles
No DOG do 15/04/2025 a FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALIZA publica o ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir trece prazas de persoal.
O prazo de presentación de solicitudes, para estes postos será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza.
- Detalles
No DOG do 15/04/2025 publican a RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na agrupación profesional do persoal funcionario da Xunta de Galiza, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.
A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas as súas alegacións.
- Detalles
No DOG do 15/04/2025 publican o ACORDO do 7 de abril de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023, polo que se dá publicidade a diversos acordos.
Declaran rematada a fase de oposición do proceso selectivo.
- Detalles
No DOG do 14/04/2025 publican a RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso na escala de auxiliar de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.
A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/ funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
- Detalles
No DOG do 14/04/2025 publican a RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza, do 31 de marzo de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellaría de Política Social e Igualdade e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
- Detalles
No DOG do 11/04/2025 publican a RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo C2).
- Detalles
No DOG do 11/04/2025 publican a RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2025 pola que se modifican e se publican as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.
Modifican as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo da categoría 99 (coidador/a a extinguir) do grupo III e da categoría 4 (auxiliar de fogar) do grupo IV e dar publicidade ás novas listaxes para a funcionarización na escala auxiliar de coidadores e na escala auxiliar de clínica.
As listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderanse consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.ga