Novas por contido

No DOG do 24/03/2025 publican a RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información (Diario Oficial de Galiza do 7 de xullo de 2023).

Publicar, como anexo a esta resolución, a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

No DOG do 24/03/2025 publican a RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www. xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base VI.2. da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

No DOG do 21/03/2025 a AUTORIDADE PORTUARIA DE VILAGARCÍA DE AROUSA E A SÚA RÍA publica a RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2025 pola que se realiza a convocatoria pública para cubrir catro prazas de persoal laboral fixo.

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galiza, por calquera dos medios previstos na lexislación vixente.

No DOG do 21/03/2025 publican a RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en categorías do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría profesional 40 (titulado/a superior lingüista) do grupo I.

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria, e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

No DOG do 21/03/2025 publican a RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

No DOG do 21/03/2025 publican a RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 24 de febreiro de 2025 pola que se aproban e se fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

No DOG do 21/03/2025 publican a RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se exclúen persoas aspirantes do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A1).

Exclúen varias persoas dos seguintes procesos:

- corpo superior da Administración xeral

- corpo facultativo superior, escala de veterinaria

-  corpo facultativo superior, escala de expertos/as lingüistas

No DOG do 21/03/2025 publican a RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2025, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de condución do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican os resultados obtidos polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio no portal web corporativo da Xunta de Galiza, funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 21/03/2025 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 17 de febreiro de 2025 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización convocados polas resolucións do 26 de abril de 2021, do 12 de maio de 2021 e do 15 de decembro de 2023.

No DOG do 20/03/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2025 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario en prácticas no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril).

- RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2024 pola que se regula o período de prácticas das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril).

As persoas que ocupan actualmente postos como persoal funcionario interino ou laboral temporal ou laboral indefinido non fixo na Xunta de Galicia deberán cesar no seu posto, de ser o caso, de interino ou laboral, e tomarán posesión, o día 24 de marzo de 2025, como persoal funcionario en prácticas, nos centros directivos a que fosen destinadas como consecuencia da elección de destino. Unha vez superado o curso selectivo, serán nomeadas persoal funcionario de carreira, con destino definitivo, no corpo auxiliar na praza adxudicada no acto de elección de destino.

As persoas que ocupan postos como persoal funcionario de carreira na Xunta de Galiza poderán acollerse ao disposto no artigo 129 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (licenzas para a realización de estudos sobre materias directamente relacionadas coa Administración pública) e deberán prestar servizos efectivos nos centros directivos en que fosen destinadas como consecuencia da elección de destino; neste caso, poderán optar entre percibir as retribucións que correspondan pola condición de persoal funcionario de carreira ou as retribucións previstas para o persoal funcionario en prácticas. Esta petición deberán cursala na súa propia consellería.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...