Inicio
Martes, 04 Novembro 2025

Poucos avances na comisión de seguimento Gardacostas

Na comisión de seguimento abordouse a modificación de horarios con escasos avances, pero co compromiso de avanzar na mellora das condicións laborais e na xubilación anticipada do persoal.

Na xuntanza celebrada o 3 de novembro de 2025 a Consellería do Mar comprometeuse a colaborar no procedemento iniciado pola CIG en abril do 2024 en base ao Real Decreto Lexislativo 8/2015, de 30 de outubro, para a consecución dos coeficientes redutores de xubilación do persoal do Servizo de Gardacostas de ...


Venres, 31 Outubro 2025

Asina a PNL pola cláusula de garantía salarial!

Na CIG consideramos unha promesa baleira o anuncio do Goberno de negociar un acordo salarial e chamamos á mobilización para acadar incrementos dignos que permitan reverter a perda de poder adquisitivo. Ademais, iniciamos unha campaña de recollida de sinaturas para avalar a PNL coa que demandamos unha cláusula de garantía salarial vinculada ao IPC para todo o persoal empregado público.

Na Área Pública da CIG (CIG-Administración, CIG-Saúde e CIG-Ensino) entendemos que non hai nada que ...


Venres, 31 Outubro 2025

Persoal de prevención e defensa dos incendios reclama un servizo 100% público e con dignidade laboral

Manifestáronse en Compostela para denunciar a situación de abandono, a desigualdade e mala xestión por parte da Xunta de Galiza.

 DONQCsuKc58  

Arredor de 400 profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDIF) mobilizáronse este xoves dende a Consellaría de Medio Rural até o complexo administrativo de San Caetano para denunciar a situación de abandono, desigualdade e mala xestión por parte da Xunta de Galiza que, ano tras ano, pon en risco a seguridade do ...


Mércores, 29 Outubro 2025

Boletín CIG Saúde Laboral nº 63: radón nos centros de traballo

Poñemos ao teu dispor o Boletín CIG Saúde Laboral Nº 63, publicación en materia de prevención de riscos laborais e saúde laboral, elaborada polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega.

Contidos:        

  • O radón
  • Municipios prioritarios
  • Metodoloxía
  • Medicións
  • Informes de resultados

Descarga boletín 63 de Saúde laboral

Está a túa disposición a ferramenta Asesoramiento Técnico a través da que se poden realizar consultas on line en materia ...


Luns, 27 Outubro 2025

Manifestación do SPIF o 30 de outubro: a mobilización funciona!!

Seguimos adiante na loita aínda que CCOO, UGT e CSIF intenten deixar vendido ao persoal do Servizo de Incendios Forestais

Denunciamos a actitude desleal e irresponsable de CCOO, UGT e CSIF, que solicitaron DESPOIS DA CONVOCATORIA DA MANIFESTACIÓN, unha reunión coa Consellería do Medio Rural excluíndo a representación maioritaria do persoal.

Esta manobra, xusto antes da mobilización do 30 de outubro, busca desmobilizar, dividir e confundir, freando a loita colectiva por acadar melloras ...


Luns, 27 Outubro 2025

Sentenza histórica! O Supremo obriga a incluír nas pagas extras as gardas, nocturnidade, domingos e festivos

A CIG-Autonómica esiximos á Xunta de Galiza que aplique de oficio a sentenza do Tribunal Supremo nº 820/2025, do 25 de xuño, e que retribúa de forma completa e con carácter retroactivo os complementos salariais polas gardas, quendas, nocturnidade, domingos e festivos.

O Tribunal Supremo vén de establecer que cando as gardas, nocturnidade, domingos e festivos ou productividades por razón de servizo, cando se prestan dentro da xornada ordinaria, os complementos deben incluírse tamén nas ...


Venres, 24 Outubro 2025

A CIG reclama unha suba do 5% para o persoal empregado público e unha cláusula de garantía salarial vinculada ao IPC

A Área Pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) vén de iniciar a recollida de sinaturas da Proposición Non de Lei (PNL) para blindar por lei a revalorización salarial na administración xeral, o ensino e a sanidade

 A Área Pública da CIG  compareceu en rolda de prensa este luns para reiterar as demandas para garantir a recuperación da capacidade adquisitiva do persoal empregado público e dar a coñecer a campaña de recollida de sinaturas da PNL para o estabelecemento dunha ...


Martes, 21 Outubro 2025

A CIG denuncia a situación irregular e clientelar das comisións de servizo na Xunta de Galiza, en especial na Consellaría do Medio Rural

Nos últimos días coñecéronse novos anuncios de comisións de servizo na Consellaría do Medio Rural. Algunhas delas corresponden a prazas que xa foron adxudicadas de forma definitiva o 16 de outubro, e cuxas persoas titulares aínda nin sequera tomaron posesión. O persoal funcionario interino que se atopa ocupando esas prazas non foi cesado. Esta situación non é un feito illado, senón a mostra dun problema estrutural e prolongado no tempo na xestión do persoal público galego. Unha práctica ...


Luns, 20 Outubro 2025

30 de outubro: en pé por un Servizo de Incendios digno e público!

O persoal do Servizo de Incendios mobilízase o xoves 30 de outubro en Compostela por un servizo público, digno e con garantías laborais. A manifestación saíra ás 11 horas da Consellaría de Medio Rural en San Lázaro e rematará diante do edificio da Xunta en San Caetano.

Dende a CIG-Autonómica denunciamos a situación de abandono, desigualdade e mala xestión que padece o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF) da Xunta de Galiza ao que ano tras ano e, ...


Luns, 20 Outubro 2025

Monte queimado e axentes baixo mínimos: a Xunta abandona o control da caza

No ano de maior devastación polos incendios, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non activa as gardas de reforzo e deixa reducida ao 25 % a operatividade do cadro de axentes ambientais

A tempada de caza comeza este domingo 19 de outubro nun contexto especialmente delicado para o medio natural galego. Despois dun verán no que arderon milleiros de hectáreas, a Consellería, por vez primeira en anos, non activou as gardas do período extraordinario, deixando o servizo baixo ...


Venres, 17 Outubro 2025

A Xunta impón modificacións da Lei do emprego público de Galiza a través das leis de acompañamento e de orzamentos para o 2026 sen ningunha mellora

Dúas das normas máis relevantes para as persoas empregadas públicas como son a lei de orzamentos e a lei de acompañamento (lei de medidas fiscais e administrativas), o PP despachounas sen dar lugar sequera a unha negociación real. E para isto non nos enviou os textos das leis ata 20 horas antes da Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, e para poñer máis obstáculos enviou nova documentación media hora antes. A iso se lle chama mala fe negocial.

Pero non por iso renunciamos a ...


Índice do artigo

 

Cuestións xerais

Á dereita deste texto hai un índice do contido desta guía. Tamén podes moverte premento os botóns de dirección ("seguinte", "previa") que aparecen ao pé da nova.

URL de administración do webhttp://autonomica.cigadmon.gal/w2/administrator

Ollo con bloquear un contido: cando se entra a editar calquera contido (unha nova ou descarga), hai que sair gardando ou cancelando. Se pechamos o navegador sen máis, o contido queda bloqueado polo usuario e os/as demáis non poden editalo. Para desbloquealo hai duas opcións: ou entra o usuario inicial e sae gardando/cancelando, ou ten que facelo un administrador.


 

Guía de estilo

No web da  Autonómica utilizaremos unha estética e unhas formas similares en todas as novas.

REFERENCIAS TEMPORAIS

Non sabemos cando unha persoa vai ler unha nova. Por tanto, non utilizamos referencias relativas ("onte", "hoxe"), senon absolutas ("o luns 4", "o 04/02/2020" ..).

UTILIZAMOS A SEGUNDA FORMA DO SINGULAR, EN TROQUES DO PLURAL

Cando nos referimos ás persoas que nos len, facemos uso do singular en troques do plural. Así dicimos: "poñemos á túa disposición.." en troques de "poñemos á vosa disposición.."

NON IDENTIFICAMOS A PERSOAS OU CARGOS

Escribimos en nome da CIG-Autonómica, sen mencionar a identidade das persoas ou cargos que fan as cousas. Así, escribimos "A CIG-Autonómica presentou ..", "A CIG presentou..", e non "A secretaria nacional da CIG-Autonómica .." ou "O Secretario Xeral ...", ou "Fulanito Pérez dixo..".

UTILIZACIÓN CORRECTA DO IDIOMA

  • O que nos envíe a xente non hai que publicalo tal cual. Procuramos respetar o noso idioma.
  • Se unha palabra é un castelanismo, procuramos substituila pola forma correcta galega.
  • Os nomes dos meses e dias da semana van en minúscula.
  • Os cargos van en minúscula ("director xeral de Función Pública"). Os órganos en maiúscula ("Dirección Xeral de Función Pública").

TITULO ADECUADO

Se é posíbel respetamos o título. Pero..

  • Non pode ser excesivamente longo.
  • Procuramos que non se quede na xeneralidade. Que sexa un resumo do resto da información.
  • Que atraiga algo: en troques de poñer "Resumo da MX do 05/02/2020", mellor dicir "Concurso e oposicións corpos xerais (resumo da MX 05/02/2020)".

QUE O PRIMEIRO PARÁGRAFO ENGANCHE Á LECTURA

As primeiras frases son fundamentais para enganchar á lectura. Así que procuraremos que o primeiro parágrafo do corpo da nova veña a ser un resumo de toda a nova, ou que haxa algo que enganche a continuar lendo.

NON PASARSE COA EXTENSIÓN

Procuramos non pasarnos. O equivalente a unha páxina de papel é máis que abondo.

TROCEAR RESUMOS DE XUNTANZAS

Cando nunha xuntanza se tratan diferentes asuntos, como sería nunha Mesa Xeral, se a matería é suficiente interesante podemos trocear a nova en duas ou máis diferentes.


 

Organizacion da portada

Dividimos a portada en tres zonas diferenciadas:

Columna Que metemos Como facemos
Columna esquerda Contido xerado polo sector (denuncias, campañas..) En calquera categoría, activar "Destacado=si"
Columna central Información que parte de fora do sector (resumos de xuntanzas, convocatorias..) En calquera categoría agás "Novas de CIG-Admón. e confederación", e "Destacado=non"
Columna dereita (parte superior) Novas breves, unicamente visíbel o título Clasificar a nova na categoría "Anuncios breves", destacado=non
(parte inferior) Novas que non son do sector Clasificar a nova na categoría "Novas de CIG-Admón. e confederación", e "Destacado=non" 

 


 

Algunhas cousas a evitar no que publicamos no web

Título da nova:

  • Non poñas "punto final".
  • Non utilices maiúsculas en palabras completas.
  • Que non sexa excesivamente xenérico.

Corpo da nova:

  • Non utilices retornos de carro no medio de dous parágrafos.
  • Elimina os retornos de carro que vaian en solitario ao comezo ou ao final da nova.
  • Utiliza letra grosa e subliñado cando o necesites, pero non abuses.
  • Non pegues texto copiado dende outra fonte con formato (documentos de word, outros webs..) pois arrastra os formatos orixinais. No seu lugar pega no bloc de notas primeiro, e dende aí copia. Así elimínanse os antigos formatos.

  

Imaxes e descargas

  • Nome dos arquivos a subir: tanto os arquivos da zona de descargas como as imaxes que subamos, comezarán polo ano+mes+día, seguidos da descripción que queiramos. Seguiremos, xa que logo, a seguinte estructura: aaaammdd.lugar.n.jpg (ex. 20130216.Vigo.2.jpg, 20130216.Compostela.ConcentracionParlamento.jpg, etc.)
  • Eliminar un arquivo da zona de descargas: entrar a editar a descarga (dende menú "Inicio/Descargas" e seleccionar a descarga); xunto a aos botóns de gardar e cancelar, aparece eliminar.
  • Editar imaxes: os cartafoles poden crearse/eliminarse dende o Administrator; tamén dende aí poden visualizarse os arquivos, eliminarse, subir novos, etc.
  • Ligar imaxes externas: sempre que sexa posíbel evitaremos ligar imaxes a outros sitios, pois a imaxe pode desaparecer da súa fonte orixinal. No seu lugar, subiremos a imaxe ao noso servidor.

Tipos de imaxes:

  • Fotos para as  novas:
    • Dimensión máxima 800 x 450 pixels.
    • Compresión: entre 85 e 95 %.
  • Carrousel:
    • Dimensións exacta: 675 x 150 pixels.
    • Compresión: 85%.
    • Directorio: carrousel
  • Cartaces para columna dereita:
    • Dimensións: entre 170 e 210 195 de ancho (preferentemente achegar a 210 195)
    • Directorio: banners
  • Cartaces para columna central:
    • Dimensións: 280
    • Directorio: banners
  • Boletíns (imaxe previa para zona de descargas):
    • Dimensións: 210 x 297 píxels.
    • Directorio: boletins
  • CIG-Informa (para pegar como imaxe nas novas)
    • Dimensión 280 de ancho
    • Directorio: cig-informa

Cartafoles das imaxes:

  • atemporais
    • Contén imaxes que non corresponden a momentos concretos, reutilizables.
    • O nome dos arquivos non vai precidido por ningunha data.
    • Existe unha subdivisión nos cartafoles: centros, logos, personaxes.
  • banners
    • Son as imaxes que utilizamos para campañas puntuais, visibeis na columna dereita da portada.
  • boletins
    • Son as imaxes en miniatura dos boletíns que subimos á zona de descargas.
  • cig-informa
    • Para subir as imaxes de 280 pixels de ancho que irán dentro das novas, ligadas ao arquivo a descargar.
  •  carrousel
    • Son as imaxes que aparecen na parte superior da portada, e que van cambiando a cada poucos segundos.
  • photogallery
    • Imaxes dunha antiga galería que tiñamos instalada fai anos. Actualmente non a utilizamos.
  • senclasificar
    • Aquí van o resto das imaxes, todas precedidas da súa data (no nome do arquivo). 

 

Videos e audios

Para engadir un video de youtube poñemos: { youtube }id{/ youtube } , observando que no anterior hai que eliminar os espazos en branco (están metidos aquí para evitar que se interprete o código), e que o "id" se corresponde co id do video de youtube. Por exemplo, de: https://youtu.be/gp8LFhSI1sw , sería gp8LFhSI1sw

A maiores de youtube, para empregar outras fontes: https://www.joomlaworks.net/support/docs/allvideos (na parte final hai que empregar a barra de desprazamento horizontal).