Novas por contido

Ademais da eliminación do R.I. do título profesional de capitá/n ou piloto da Mariña Mercante só para 2 dos postos de profesorado de navegación marítima (Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol), —mentres o resto de postos o conservan—, agora a DXEP quere incluír neses mesmos 2 postos ese R.I. convertido en mérito, cambiando deste xeito as condicións establecidas na convocatoria da estabilización. Tamén tratamos a eliminación do R.I. de ter algunha das especialidades do ciclo de grao medio en operacións subacuáticas e hiperbáricas a 1 posto de profesor/a de intervencións subacúaticas e hiperbáricas (Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa), que só lle afectaría a 1 persoa.

O 3 de marzo de 2026 tivo lugar a Mesa Sectorial de Persoal Funcionario para a negociación da proposta de modificación de 3 postos da RPT da Consellaría do Mar.

A DXEP indicou que entregaron un informe consolidado, debido a que xa negociaron unha primeira modificación, e o que fan nesta mesa é unha modificación desa proposta de modificación, de xeito que se posibilite o nomeamento como persoal funcionario de carreira de 3 persoas, participantes na estabilización da Lei 20/2021. As modificacións dos mesmos 3 postos de traballo, que indican que xa se negociaran, son os seguintes:

  • PE.C99.40.301.36235.019 Profesor/a, especialidade de intervencións subacúaticas e hiperbáricas, Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Illa de Arousa): cambio da redacción do código de formación específica 698 “Estar en posesión do título de mergullador/a instrutor/a profesional e ter algunha das especialidades do ciclo de grao medio en operacións subacuáticas e hiperbáricas (R.I.)”, por “Estar en posesión do título de mergullador/a instrutor/a profesional (R.I.)”.
  • PE.C99.40.301.15350.005 e PE.C99.40.301.15350.015 Profesor/a, especialidade de navegación narítima, Escola Oficial Náutico-Pesqueira (Ferrol): eliminación do código de formación específica 434 “Título profesional de capitá/n da Mariña Mercante ou de piloto da Mariña Mercante (R.I.)”.

A nova proposta mantén estas modificacións, e inclúe un novo código de formación específica “Título profesional de capitá/n da Mariña Mercante ou de piloto da Mariña Mercante”, como mérito, nos dous postos referidos da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

Praza de profesor/a, especialidade de intervencións subacuáticas 

A DXEP sinalou que a praza queda cos códigos 544, 648 e 698, coa modificación do código de formación específica 698, que queda coa redacción “Estar en posesión do título de mergullador/a instrutor/a profesional (R.I.).”, eliminando a esixencia de ter algunha das especialidades do ciclo de grao medio.

Por parte da CIG sinalamos que é preciso verificar o procedemento. Semalla que só hai un caso, polo que non afectaría ao resto do persoal, e tendo isto en conta, aceptaremos que fagan a modificación.

Prazas de profesor/a, especialidade de navegación marítima

O cambio proposto pola DXEP e Consellaría do Mar, no caso destas 2 prazas, é a conversión nun mérito do requisito imprescindible co código de formación específica 434 “Título profesional de capitá/n da Mariña Mercante ou de piloto da Mariña Mercante (R.I.)”, co argumento de que as dúas persoas que estabilizan non contan con esa titulación profesional, xa que entraron por unhas listas de Educación onde non se requiría. Ademais, baseándose nun informe solicitado á Dirección Xeral da Mariña Mercante (Ministerio de Transportes) —informe que é totalmente incomprensible—, sinalaron que é preciso garantir un número mínimo de profesores/as con esta titulación profesional para poder cubrir as vogalías dos tribunais (integradas por profesorado), condición que se cumpre, dado que a teñen 13 das 15 persoas.

Por parte da CIG indicamos que non tivemos ningunha reunión coa Consellaría do Mar na que poder tratar e negociar este asunto, e tráennos un problema creado pola propia Administración directamente a esta mesa. Por ese motivo, preguntámoslle á DXEP como é que hai 2 persoas que, non cumprindo os requisitos dos 2 posto,s están neles, porque se tiñan o R.I. e non eran funcionarios/as de carreira, terían que ter salatado de aí. A conclusión á que chegamos é que semella que se fixo unha auténtica chapuza para meter a 2 persoas que non dispoñen da titulación esixida na RPT, o cal sería unha infracción moi grave, motivo polo que amosamos o noso total desacordo con esta solución que propoñen.

Ademais, salientamos que se están a cambiar as normas ao final do proceso de estabilización, e advertimos de que se trata dunha cuestión sobre a que xa existen sentenzas. Nesta liña, propoñémoslle á DXEP que a modificación da RPT se faga despois das tomas de posesión da estabilización, xa que os requisitos para o concurso eran comúns para todas as persoas e, de súpeto, despois de que hai unha lista de persoas aprobadas, queren poñerse unha serie de indicativos nestes 2 casos, e noutros non. 

Tendo en conta a nosa postura e as alegacións remitidas polo persoal, solicitamos, en todo caso, a unificación dos criterios, e que a titulación de capitá/n ou piloto da Mariña Mercante sexa un mérito para todos os postos de profesorado de navegación marítima. Deste xeito, cada persoa pode decidir se queda onde está ou se cambia para outro psoto, porque nun posto pode ter máis méritos e noutro menos, facendo o mesmo traballo.

 

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...