Novas por contido

As competencias en todas as etapas educativas, tenas de xeito exclusivo a Xunta, non o Goberno español, como quere facer crer Rueda e, polo tanto, é a Xunta a que ten na súa man estabelecer en que condicións hai que prestar este servizo público. 

Seica as competencias en Educación son do Goberno español! Que morro teñen!!

En declaracións recentes, o presidente da Xunta de Galiza anima ás traballadoras das escolas infantís a manifestárense en Madrid contra o Goberno español. Dende a CIG ímoslle refrescar a memoria para que non precise persoal asesor, aínda que xa sabemos que a súa asesoría é da estirpe de Tellado ou de M.A.R.

Ten razón cando apunta que o Goberno español ten responsabilidades coa Educación. Aí queda para os restos o concordato coa Igrexa, que tanto prexudica á educación pública, entre outras cousas; e tamén eses teitos normativos tan altos que lles permiten aos gobernos autonómicos impoñer cocientes de alumnado propios dos anos sesenta. Tamén nas políticas de conciliación, para que non se teñan que institucionalizar as crianzas durante horas, e as familias poidan traballar conciliando a vida persoal e a laboral. Aínda que xa sabemos que as amigas e amigos da patronal xa lle lembran seguido que por aí non poden ir.

Pero non apunte e dispare a quen ten as competencias en Educación, que pode ser suicida...

O Decreto 329/2005, de 28 de xullo —21 anos, xa choveu!!—, que establece os requisitos mínimos dos centros de menores e dos centros de atención á infancia é da súa Xunta de Galiza. Algunha comunidade autónoma non ten esas aulas a tope coma no noso país e teñen ratios máis baixas.

Facendo un siloxismo, temos que:

  • O tramo de 0 a 3 anos é unha etapa educativa.
  • As competencias en Educación son exclusivas da Xunta, sobre as que o Parlamento de Galiza pode lexislar e vostedes regular.
  • Conclusión: a Xunta pode establecer as condicións nas que se dá o servizo nas escolas de 0 a 3 anos.

Así que, sen termos que ir a Madrid, vostedes poden facer todo o que precisamos ao respecto das escolas infantís:

  • Baixada das ratios.
  • Establecemento das parellas educativas en todos os centros.
  • Regulación das condicións dos espazos nos que se dá o servizo.
  • Establecemento do tempo preciso dentro da xornada semanal para a programación e preparación de aulas, avaliacións, titorías, etc.
  • Servizo público de xestión pública na Consellaría de Educación.
  • Fomento do galego na etapa educativa de  0 a 3 anos. Que se garanta a  aprendizaxe e a inmersión lingüística en galego.
  • Protección da saúde: recoñecemento do risco biolóxico para o embarazo para  todas as traballadoras na etapa educativa de cero a tres anos.


Sr. Rueda, se tanto apoia as traballadoras, por que establece uns servizos mínimos tan «máximos»?

Míntanlle a outras, que as traballadoras das escolas non tragamos esa bóla!!

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...