Novas por contido

Fomos convocadas á negociación dunha modificación da RPT con cambios debidos á redistribución de competencias entre Educación e Industria, co paso da Axencia Galega de Innovación (Gain) a Educación. Opoñémonos ás modificacións das xefaturas de negociado, e solicitamos a revisión das áreas funcionais. 

A respecto da proposta de modificación de RPT que trae á mesa de negociación Gain, as nosas principais alegacións foron as seguintes: 

  • Creación do posto de dirección da Área de Servizos, aberto a outras administracións: indicamos que lle falta o código 640- PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE GALEGO (R.I.). Ademais, criticamos os cambios no sistema de provisión, que deben xustificarse na memoria, e esta información non está. E non concordamos coa apertura ao Estado e outras comunidades autónomas, mentres que na Axencia argumentan que queren garantir a cobertura dun perfil moi técnico.
  • Modificación do posto de Dirección da Área de Talento e Transferencia: non aparece modificado no listado de equivalencias da RPT, aínda que se menciona na memoria.
  •  Modificación do posto de xefatura de Centros (Ferrol): non entendemos por que se lle pon entre parénteses “Ferrol”, cando a súa  codificación xa indica este muicipio co código 15350.
  • Modificación das xefaturas de negociado da Área de Xestión: opoñémonos ao cambio de disposición, pois ditos postos estarán traballando nalgún dos departamentos, non para a dirección de Área da que pasan a depender; é máis, prodúcese un agravio ao non poñerlle a área funcional (ben sexa económica ou de contratación). 
  • Revisión das áreas funcionais: consideramos que existen postos que non teñen o que deberían ter como, por exemplo, a xefatura de sección de Xestión de Axudas, xa que a súa área funcional sería ECO (ECONOMÍA); ou a xefatura de sección do Departamento de Xestión Financeira e Contratación, que posiblemente podería ter a área funcional CON (CONTRATACIÓN). Por ese motivo solicitamos a revisión das áreas funcionais. Por parte de Gain contestaron que o van revisar.

Por outra banda, Gain aclarou que, a respecto as convocatorias de concurso específico, non teñen previsións, e están á expectativa do que faga Emprego Público, e das condicións doutros departamentos da Xunta, para manter unha coherencia.

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...