- Detalles
No DOG do xoves 16 de maio publican a Orde pola que se regula o exercicio de dereito ao voto, no ámbito de Galiza, das persoas traballadoras por conta allea nas eleccións loais e europeas do 26 de maio de 2019.
Esta Orde regulan:
- O tempo de permiso para exercer o voto por correo e o voto presencial.
- O tempo de permiso no día da votación e posterior das persoas que sexan membros das mesas electorais ou participen como interventores/as ou apoderados/as.
Lembrar que para as votacións nas eleccións sindicais, a Orde que o regula foi publicada no DOG do 11/10/2018. En canto ao tempo para exercer o voto, limítase a falar de "tempo indispensable".
- Detalles
O 3 de maio de 2018, as catro organizacións sindicais con representación na Mesa Xeral (CIG, CCOO, CSIF e UGT) presentamos conxuntamente ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural unha solicitude para abrir a mesa de negociación para a actualización do acordo de condicións de traballo do persoal técnico da Consellería do Medio Rural vinculado á prevención e á extinción de incendios.
O cadro deste persoal data do ano 1999, cando non existía a Lei de incendios de Galiza, a Lei de montes de Galiza, a certificación forestal dos montes de xestión pública... Nos últimos anos, o desenvolvemento da normativa sectorial forestal obriga a este persoal técnico a fiscalizar cada vez máis a xestión do territorio. A diversidade das funcións, agravada no caso dos técnicos e xefes de distrito, e a carga de cada unha delas son obxectivas e cuantificables en obras proxectadas, en direccións de obra e en aproveitamentos forestais executados en montes de xestión pública, en expedientes de axudas públicas, en convenios con concellos, en investigacións de causas dos incendios forestais, no número de solicitudes de aproveitamentos privados fiscalizados, na xestión de medios nos centros de coordinación, na dirección de extinción de incendios forestais, na divulgación forestal para diferentes colectivos mediante charlas e actividades, nas tarefas de extensión forestal ao informar aos cidadáns e,
en definitiva, na sistematización e rigor no control do cumprimento da normativa sectorial forestal.
- Detalles
A CIG trasladoulle a pregunta ao director xeral de Función Pública.
Miles de funcionarios/as que concorren á promoción interna non saben a día de hoxe cando se celebrarán os segundos exercicios deses procesos selectivos. Nen sequera unha data aproximada.
Tendo en conta que agora comeza un período vacacional, e co fin de conciliar a vida laboral e familiar, saber si se celebrarán as probas no verán, antes ou despois, parece de sentido común, e non parece correcto que, a diferenza doutras Administracións as persoas funcionarias da Xunta que concorren a estes procesos non saiban se se van poder desprazar durante o período vacacional, se collen antes ou despois as vacacións para aproveitalas como período de estudo, ou simplemente como van xestionar o seu tempo en función dunha data que todos/as deberíamos coñecer xa.
O mesmo ocorre co resto de procesos, tanto de escalas como de corpos especiais e de persoal laboral, tanto na promoción interna como no acceso libre. Non se pode presumir de Administración moderna e eficaz, e de que se respectan os dereitos de conciliación e ter a miles de persoas consumindo o seu tempo e os seus cartos sen darlles resposta.
A maiores diso tamén preguntamos polo misterio dos listados de aprobados desaparecidos. Hai meses desapareceron da páxina de Función Pública os listados coas notas dos primeiros exercicios da promoción interna anterior (OEP 2012). Solicitamos que se colgue de novo a infomación e que en ocasións vindeiras non se retire nada da páxina, e máis cando por seguridade xurídica os opositores deberían coñecer en todo o momento as notas de todo aquel que teña superado os exames e teña a exención para non realizar os exames.
- Detalles
Poucos avances nunha RPT que amortiza máis de 180 postos de traballo esenciais para a calidade e mantemento do servizo publico, coa escusa de que “están sen ocupar”, para crear postos en xefaturas.
Este 7 de maio tivemos coa Secretaria Xeral Técnica de Medio Rural unha segunda xuntanza para tratar a súa RPT na que destacamos poucos avances e que a escasa documentación que aportaron estaba de novo errada (desta vez so presentaron memoria económica e ampliaron un pouco a memoria xustificativa). Así a CIG solicitamos outra xuntanza e que non liquidaran xa a RPT sen ao menos ter que xustificar e explicar os recortes.
Non queda outra que reiterarnos nas numerosas alegacións presentadas e insistimos no despropósito que supón amortizar postos de servizo para crear postos de estrutura. Denunciamos que se negan a deixar de amortizar os postos nas oficinas agrarias e xustifican con que están a “facer un estudo das oficinas” e que “as deixan” para unha segunda modificación da RPT. Logo, porque amortizan postos se sabemos que non van ter presuposto para crear?
- Detalles
A CIG convoca ao Persoal Laboral da Xunta de Galiza a asistir á asamblea informativa que terá lugar o vindeiro mércores, día 15 de maio, ás 10:00 horas (en quenda de mañá) ou ás 17:00 horas (en quenda de tarde), na sala de actos do Edificio Administrativo da Xunta en Vigo, onde falaremos dos seguintes asuntos:
Orde do día
- Acordo de concertación social da Xunta de Galiza
- Carreira profesional
- Funcionarización
- Orzamentos-retribucións
- Procesos selectivos: consolidación e estabilización
- Varios
Lugar: Sala de actos do Edificio Administrativo da Xunta en Vigo
Día: Mércores 15 de maio
Hora: Ás 10:00 horas e ás 17:00 horas.
- Detalles
O venres 10 de maio (pasadas as 14h), recibimos o borrador do decreto de funcionarización do persoal laboral fixo. Descargar.
Temos de prazo para presentar alegacións ata o luns 20. Se queres, podes contactar coa CIG.
Para variar, CCOO e UGT tiveron o borrador nas súas mans uns cantos días antes que a CIG.
- Detalles
O recorte ese ano ascendeu a un total de 7.136.392€, o que supuxo a práctica liquidación deste Fondo. Desde 2011 o persoal da Xunta leva perdidos máis de 57 millóns de euros de masa salarial. O FAS fica reducido a unha única axuda, e este goberno non ten intención de devolvérnolo. Anuncian a publicación a finais de maio.
O xoves 09/05/2019 tivemos unha reunión os sindicatos con representación na Mesa Xeral cos representes da Xunta de Galiza por o mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), que fica relegado só a axuda para atención de persoas con discapacidade. Nesta reunión a CIG plantexou o siguinte:
A proposta de criterios de reparto do FAS 2018 presentada pola Dirección Xeral de Función Pública é a novena repetición do que foi a práctica desarticulación do FAS do ano 2011. Naquela convocatoria a Xunta golpeou ao persoal da administración autonómica co recorte de 7.136.392€, liquidando o Fondo e limitando as axudas a unha única modalidade, a de atención a persoas con discapacidade. Desde aquel ano o persoal da Xunta leva perdidos máis de 57 millóns de euros de masa salarial.
- Detalles
A CIG convoca unha asamblea de axentes ambientais para tratar diversas cuestións que consideramos que deben ser abordadas e postas en común e que afectan ao persoal funcionario destas escalas e para valorar emprender accións na defensa dos funcionarios e funcionarias do Servizo de Conservación da Natureza e na mellora das condicións de traballo, como:
- RPT, grupo B e prazas a extinguir.
- Análise da interpretación e aplicación do Acordo.
- Cadrantes, vacacións e permisos e período extraordinario.
DÍA: Luns, 13 de maio
HORA: 18:00 horas
LUGAR: Local da CIG en San Lázaro, Rúa de Miguel Ferro Caaveiro, 10
Santiago de Compostela
- Detalles
A CIG quere denunciar a situación que están a sufrir os/as traballadores/as da Consellería de Política Social na Xunta de Galiza, situación que incide directamente no deterioro evidente dos servizo públicos de benestar.
Dende o ano 2012, a Xunta de Galiza do Partido Popular de Feijoo o único ao que se adicou, con respecto ao persoal ao seu servizo, foi a eliminación dos dereitos de traballadoras e traballadores.
Esta situación, que se resume na eliminación de cuestións básicas para o persoal como é o librar dous días seguidos á semana, librar fins de semanas alternos, compensar con descanso o traballo en festivos e domingos, conciliar a vida laboral e familiar (por sistema a Consellería de Política Social denega todas as conciliacións que se solicitan), etc.... resúmese en que cada vez menos persoal de asistencia directa (ATS/DUE, Aux. Clínica) queira traballar na consellería e se vaian a traballar ao SERGAS, con mellores condicións, tanto económicas como laborais.
Chega o despropósito de Política Social a extremos tan grandes que o subdirector de persoal permítese o luxo de dicir: "que diferenza existe entre traballar a noite do día 31 de decembro e outro día calquera?, eu non a atopo" (sic).
- Detalles
En canto a CIG deu conta de que parte dos candidatos do SEPGA están no lado escuro da forza e se sentan nas negociacións, non como representantes do persoal funcionario senón da empresa, sáltalles o chip, cortocircuítan, e comezan a falar de extorsión, de subvencións, de horas sindicais. Este discurso xa o coñecemos porque foi sempre o que utilizou a empresa.
Intentan facernos crer que nós os acusamos de que eles van negociar asuntos so subgrupo A1 sendo delegados de dito subgrupo. Pois non. Para a CIG un delegado do A1 pode negociar asuntos relativos ao A1. O que non pode un delegado do A1 e sentarse na mesa representando á empresa e defender os recortes. Intentar desviar a atención disto non cola.
Por qué están tan nerviosos en SEPGA?
