- Detalles
A Xunta de Galiza ven de perder no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza o recurso de apelación interposto por eles contra unha sentenza gañada pola CIG confirmando a mesma e deixando sen efectos as ordes dadas polas xefaturas territoriais referentes a elaboración de menús, recepción de mercancías e elaboración de pedidos diarios, deixando claro que serian funcións do persoal de cociña.
Segundo este Tribunal a recollida dos pedidos e subministros é unha tarefa que debe quedar reservada con carácter exclusivo ao persoal de cociña, pois con eles van elaborar os menús programados pola dirección do centro de acordo ás directrices do Consello Escolar.
Pero para as delegacións territoriais da Consellería de Educación que levan dende anos atrás enviando escritos aos centros con comedor propio esa tarefa non é dos oficiais 2º de cociña e requiren ás direccións que “...de xeito inmediato, releve á oficial 2ª de cociña do seu centro do desempeño das funcións que corresponden a outro persoal con responsabilidade na organización do comedor...” entre elas as de “Recepción e control de mercadoría”.
Pois ben, si para o TSXG é función exclusiva do persoal de cociña e para Educación non é función das/os oficiais 2º de cociña, máis claro auga: é función dos oficiais 1ª.
E por iso a CIG ven de solicitar á Consellería de Educación unha xuntanza o máis axiña posible para aclarar e proceder á reclasificación dos cociñeiros/as, posto que os traballos a realizar despois do ditaminado na sentenza do TSXG corresponderían aos de Oficial/a de 1ª cociña (grupo III, categoría 65), como recoñecen as xefaturas territoriais.
- Detalles
No DOG do Venres 16 de febreiro de 2018 publícase unha resolución da EGAP pola que se convocan, de xeito conxunto, as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).
O certificado expedido pola EGAP que acredite a superación das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia permitirá obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX), nos termos previstos no Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
- Detalles
Publicado no DOG do 23 de xaneiro de 2018
Os prazos de matrícula serán:
Convocatoria de maio: 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
Convocatoria de setembro: 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/21450
Infomación no DOG
- Detalles
Publicado no DOG do 6 de febreiro de 2018
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Só se poderá presentar unha única solicitude e solicitar un único curso por persoa, aínda que sexan de modalidades distintas. De existir máis dunha solicitude da mesma persoa ou de solicitar esta máis dun curso, anularanse todas as súas peticións.
No caso dos cursos presenciais: As persoas que desexen participar nestes cursos deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo ED104B, que se publica como anexo I, e dirixilo á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal
No caso dos cursos de teleformación: As persoas que desexen participar nestes cursos deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo ED104B, que se publica como anexo I, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística. Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal
Información no DOG 6 de febreiro de 2018
- Detalles
O día 31 de xaneiro a CIG e as outras organizacións sindicais, mantivemos unha xuntanza coa Dirección Xeral de Emerxencias en relación á formación dos Axentes Forestais/Medioambientais durante o ano 2018.
Por parte da administración asistiron:
-Director Xeral de Emerxencias.
-Subdirector Xeral de Emerxencias.
-Xefe de Servizo de Formación.
-Xefa de Sección de Formación.
-Xefe de Servizo de Coordinación da Consellería de Medio Rural.
-Xefe do Servizo Xurídico da CMAOT.
O director xeral indícanos que o 1 de febreiro aprobaráse a formación no Consello Reitor da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).
- Detalles
Programa de formación dirixido prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, en modalidade presencial e mixta.
ORDE do 22 de agosto de 2017 pola que se convocan subvencións para o financiamento de programas de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas.
Cursos forGA Pontevedra (Ponte Caldelas). Datas de inicio previstas entre o 1/2/2018 e 21/5/2018.
Cursos forGA Vigo. Datas de inicio previstas entre o 1/2/2018 e 18/6/2018.
Toda a programación: https://forga.gal/formacion/subvencionada/
- Detalles
No DOG Núm. 163 do Martes, 29 de agosto de 2017, a EGAP publica a convocatoria do curso monográfico Modelos de comunicación cos residentes: como comunicarse cos residentes con demencias.
O principal obxectivo do curso é favorecer o desenvolvemento de estratexias de comunicación efectiva e afectiva, promovendo unha intervención comunicativa eficaz coas persoas con demencias, a través da integración das técnicas de comunicación emocional. O curso diríxese ao persoal empregado público das administracións públicas galegas, en situación de servizo activo ou asimilada, que se dedique á atención a persoas maiores ou persoas con discapacidade dependentes, tanto en centros prestadores de servizos sociais coma en servizos de atención domiciliaria.
- Detalles
No DOG Núm. 155 do Xoves, 17 de agosto de 2017, publicouse a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, presenciais e en liña, e cursos preparatorios para acadar os certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2017/18, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos aos empregados/as públicos/as da Administración autonómica, da Administración local e da Administración periférica do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, non entendendo por tales os empregados públicos da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Detalles
A EGAP publica no DOG do martes 27 de xuño a resolución pola que convocan tres cursos de nivel medio e tres cursos de nivel superior de linguaxe administrativa galega para o persoal ao servizo das distintas administracións da Comundiade Autónoma.
As persoas interesadas teñen dez días naturais contados dende o 28/06/2017.
- Detalles
Poñemos a túa disposición o Boletín de Servizos Centrais do verán de 2017, cos seguintes contidos:
- Función Pública subtrae postos do futuro concurso xeral e da elección de destino.
- A CIG dí NON á derradeira proposta de acordo da segunda actividade para o persoal do SPDCIF.
- 29 de xuño: Manifestación en Compostela de Axentes Medioambientais.
- Concentración de rexeitamento aos orzamentos do Estado o día 28 de xuño na Coruña.
- Campaña de verán de alto risco. Reinicio da actividade laboral do persoal fixo descontinuo de 3 meses.
- Nota informativa sobre o horario de verán.
- Renovación do convenio da CIG-Administración Pública coa Academia Postal para a aplicación de descontos á afiliación.
- Novas de última hora.




